V concurso poesía do Círculo Poético Ourensán

Como en anos anteriores, o noso centro participou no V Concurso de poesía para alumnado de Ed. Primaria i ESO da provincia de Ourense que convocou o Círculo Poético Ourensán. Os participantes achegaron un só poema, en galego ou castelán, e a temática do mesmo tiña que versar sobre aquela persoa, animal, lugar, obxecto ou situación que servira de inspiración aos e ás participantes.

O acto estivo presidido pola Directora da Biblioteca Pública, o Concelleiro de Educación da Deputación e pola directiva do Círculo Poético ourensán. Tres alumnos de 5º curso do noso centro resultaron finalistas nesta edición. Os seus traballos serán editados e pasarán a formar parte dun libro de poesía que será publicado para o vindeiro concurso.

Moitos parabéns para todos e todas os/as participantes i en especial para María, Gabriel e Diego polos seus traballos “Águeda”, “El grillo” e “La mejor mamá”.

Galería de imaxes

Asemade, o colexio recolleu o premio doutra alumna, Camino, que resultou segunda clasificada na IV edición do concurso. O seu poema figura no libro "Cando falo de Ourense o corazón dime...", ao igual que figurarán os dos premiados neste concurso e que se editará para a próxima edición do concurso.

Desde o CEIP Manuel Sueiro felicitamos aos membros do Círculo Poético Ourensán pola organización deste evento que pon en liza o valor e importancia da lectura e escritura de poesía en tempo de lecer.