Skip to Content

Madamas e galáns de Cobres

Imaxe de JuantiaguesAs orixes do Entroido desta parroquia situada na ría de Vigo, concello de Vilaboa, remóntanse ata o século XVIII.Aquí, madamas e galáns (mulleres e homes vestidos de branco) e aldeáns representan distintas posicións económicas e roles sociais, tanto mediante as súas vestimentas como pola posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións.

Madamas e galáns, moi rechamantes polos seus suntuosos sombreiros e a súa pulcra vestimenta, ocupan a posición social máis elevada, mentres que os aldeáns representan o último elo da cadea e o grupo maioritario. Todos, iso si, van neste Entroido a cara descuberta.

Os seus traxes probablemente son os máis elegantes de todo o Entroido tradicional galego.



book | by Dr. Radut