Skip to Content

Paquita e Nicanor en Seixalbo

Imaxe de Xesúa Fariñas La RegiónNa vila de Seixalbo os protagonistas son uns mecos que forman parella e que durante todo o ano fican separados un do outro. Responden ao nome de Paquita e Nicanor.

Cando chega o Entroido son levados en procesión ata a Praza Maior para xuntalos de novo e presidir a celebración desta festa.

Colocados no escenario á fronte dos seus veciños, Paquita, Nicanor e seu fillo, acompañados polos seus peculiares compañeiros de desfile, aclaran a súa situación de parella. Teñen que ser sinceros, de aí que os "señores" e as "señoras" que os acompañan comentan algunhas das súas falcatrúas extramatrimoniais dos últimos meses nunhas regueifas que fixan botar unhas cantas gargalladas aos asistentes.

Paquita e Nicanor deixan de lado as súas diferenzas pasadas e fúndense nun bico ante a ledicia de toda a vila.

Os tres mecos permanecen estes días pendurados na Praza Maior e arderán o día do Enterro da Sardiña.



book | by Dr. Radut