Skip to Content

Meco de Teixugueiras (Cartelle)

O Entroido celebrado nesta localidade de Cartelle é un dos máis ancestrais da nosa Comunidade.

A festividade comeza dirixíndose os veciños ao monte para elaborar o "Meco". Pare elo, escollen un tronco de árbore e danlle forma humana. Por ollos colócanlle unhas latas de sardiñas.

Unha vez rematado baixan o Meco ata a capela do pobo, lugar no que será bautizado co nome de algún persoeiro público. Tense chamado Zapatero, Obama, Aznar, Bin Laden...

O martes de entroido ten lugar a tradicional saída do "Meco" subido nun carro que é arrastrado polos mozos do pobo.

O recorrido sempre é o mesmo, "ten que baixar polo Cótarro e subir pola barreira" ata chegar ao Outeiro do Meco.

Nesta viaxe vai acompañado de Peliqueiros que, cun vimbio, tentan disuadir a aqueles  que queren apartar ao meco da ruta establecida.



book | by Dr. Radut