Skip to Content

Bágoas

BÁGOAS


A Ares, gustáballe moito loitar e sempre estaba tentando   aos homes para que pelesaxen continuamente. A súa irmá Atenea, o que máis lle gustaba era aprender cousas de matemáticas, historia, etc.

Así que había liortas continuas nos xardíns do Olimpo entre os dous. Atenea non quería xogar a guerra con Ares e el non quería aprender as raíces cadradas. Néfele, a irmá dos dous, choraba continuamente xa que non soportaba oír as súas discusións diarias.

O seu pai, Zeus, nomeou a Atenea deusa da sabiduría e a Ares deus da guerra.

 Un día declarouse un gran incendio en Esparta, como consecuencia da gran guerra entre esta cidade e Aroania.

Os espartanos foran pedir axuda a Néfele, e comenzou a chorar porque non sabía que facer para poder axudalos.Foron tantas as súas bagoas que con elas conseguiu apagar o lume.

Os habitantes viron como comenzaba a chover e non parou ata que todo o lume estivo apagado. Zeus quedou tan contento que a nomeou DEUSA DAS NUBES.

    

Autor:  Chuviscada



book | by Dr. Radut