Saúde bucodental

O 10 de maio participamos nun obradoiro de hixiene bucodental realizado por un experto en saúde baixo a coordinación do Concello de Ourense.

Con esta actividade de saúde bucal, promovida polo Concello de Ourense, o que se busca é que o alumnado de Infantil e Primaria coñezan a importancia de preservar e manter unha hixiene oral adecuada, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, poidan previr enfermidades orais máis tarde.

Na charla informativa, tamén nos explicaron como facer un correcto cepillado dos dentes, identificar as principais partes da boca, descubrir os inimigos da saúde bucal ou recoñecer e evitar os alimentos carigénicos.

Asemade, tamén descubrimos como o fluoruro aumenta a resistencia do esmalte e dos dentes e quen é o profesional que se encarga da súa saúde oral.