Xornadas de robótica

O días 23 e 30 de abril de 2019 a docente Dna. Almudena Alonso Ferreiro e o alumando de Grao de Educación Primaria realizaron dous obradoiros co alumnado de 6º curso de Educación Primaria centrados na robótica.

Con estas actividades iniciamos ao alumnado no mundo da robótica empregando os robots educativos para realizar actividades lúdicas  que fomenten unha aprendizaxe significativa e colaborativa.

Con estas actividades estamos estimulando no noso alumnado o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel e favorecendo a adquisición das competencias clave.

A primeira sesión, realizada o día 23 de abril, centrouse no coñecemento dos robots e a súa funcionalidade Iniciárose na programacón para conseguir desprazar aos robots polos diferentes circuitos que eles mesmos diseñaron.

Na segunda das sesións realizadas neste obradoiro, o alumnado repasou e profundizou os seus coñecementos sobre xeometría a través da programación nos robots foi a realización de actividades xeométricas en papel  continuo.