Linguas estranxeiras: Francés
Semana 01/06 ao 07/06
Bonne semaine! Ça va? Esta semana imos coñecer os verbos “faire” (facer) e “jouer” (tocar ou xogar). Estes verbos empréganse para falar dos deportes de dos instrumentos.
Comezaremos por dous vídeos onde nos falan dos deportes e outro dos instrumentos.
Nestas imaxes podedes ver exemplos de como se emprega o verbo dependendo do deporte ou a actividade.
Podedes facer varios exercicios e demostrar todo o que sabedes:
Para rematar escoitade unha canción que nos ensina outro verbo “danser”, o cal nos axuda a levar mellor esta situación que estamos vivindo.
Mandádemo ao meu email silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es para que volo corrixa.
Semana do 18/05 ao 24/05
Bonne semaine! Ça va? Esta semana imos seguir traballaremos “les repas” et “les saveurs”
Comezaremos por dous vídeos que nos falan das distintas comidas do día:
Les aliments - Le petit-déjeuner - Le goûter
Écoutez une recette pour le petit déjeuner par Telmo et Tula : le muesli
Podedes facer varios exercicios en liña e demostrar todo o que sabedes:
A continuación coñeceremos os sabores.
Neste vídeo explícanos como detectamos cada sabor.
Para rematar tedes dúas fichas onde teredes que clasificar os alimentos co seu sabor.
Mandádemo ao meu email silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es para que volo corrixa.
Semana 11/05 a 17/05
Bonne semaine mes élèves! Ça va? Esta semana seguimos traballando “la nourriture”.
Comezaremos vendo un vídeo:
A continuación podedes facer varios exercicios e demostrar todo o que sabedes:
Seguro que moitos coñecedes comidas típicas francesas como son “les crêpes” ou “ un croissant”. No seguinte vídeo podedes coñecer máis comidas francesas e completar unha ficha.
Fiche plats typiques français.
Para rematar escoitade unha canción moi divertida que ten por protagonistas “les cornichons” (os pepinillos).
Mandádemo ao meu email silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es para que volo corrixa.
Semana do 04/05 ao 10/05
Bonne semaine! Ça va? Esta semana imos recordar os verbos aimer, adorer e détester.
Comezaremos por un vídeo que xa vimos na clase, e que a moitos vos encantou.
A continuación empregaremos dous vídeos para xuntar estes verbos con vocabulario novo que imos aprender, os alimentos.
Para reforzar o aprendido podedes facer varias actividades, algunhas online e outras que podedes imprimir.
Mandádemo ao meu email silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es para que volo corrixa.
Esta semana imos quedar en Francia, en Lyon, a miña cidade preferida. Lyon está no leste, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.
A continuación tedes dous vídeos, unha visita por Lyon e a música de Jean Michel Jarre, un dos precursores da música electrónica.
● Jean Michel Jarre, pionnier de la musique électronique.
Todos coñedes o libro “Le Petit Prince” e o seu autor, Antoine Saint-Exupéry naceu en Lyon. A foto que está ao principio da publicación é unha estatua dedicada a el, a cal fixen eu fai uns anos.
Por último déixovos un fragamento do libro.
Je vous souhaite une bonne semaine
Semana 27/04 a 03/05
Bonne semaine! Ça va? Esta semana imos seguir traballando “la famille”
Comezaremos por un vídeo que xa vimos na clase, e que a moitos vos encantou.
A continuación podedes facer uns exercicios e demostrar todo o que sabedes:
Mandádemo ao meu email silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es para que volo corrixa.
En África hai moitos países onde se fala francés, como podedes ver na seguinte imaxe.
Nesta ocasión imos coñecer un pouco Côte d´Ivoire (Costa de Marfil)
Bebi Philip, artiste de coupé décalé .
Le lézard et l'oeuf de poule : Conte de Côte d'Ivoire
Por último recoméndovos outra APP onde poderedes aprender moito vocabulario.
https://play.google.com/store/apps/details?id=gizpark.frenchforkids&hl=es_419
Semana do 20/04 ao 26/04
Bonne semaine mes élèves! Ça va? Comezamos a semana repasando “les nombres” et “la famille”.
A continuación podedes facer varios exercicios e demostrar todo o que sabedes:
O último que vimos na clase foi a familia. Imos escoitar un vídeo para recordala.
Como xa vimos a principios de curso non so se fala francés en Europa. Na zona do mar Caribe hai varias illas francesas. Unha delas é Martinique.
Kali, le roi du reggae des Caraïbes.
Por último recoméndovos outra APP onde poderedes encontrar numerosos contos con audio.
Gustaríame que vos puxerades en contacto a través do meu email silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es para saber que tal estades, como levades este aprendizaxe online e por suposto para solucionarvos dúbidas.
Actividades para a semana do 14/04 ao 19/04
Despois destas vacacións de Semana Santa tócanos volver ao traballo. Estes días imos repasar “les animaux”.
Comezaremos por ver uns vídeos e refrescar os coñecementos:
A continuación podedes facer varios exercicios e demostrar todo o que sabedes:
Debido a esta corentena non puidemos viaxar nestas vacacións pero eu invítovos a viaxar virtualmente a unha cidade francófona, Bruxelles.
La bande dessinée belge la plus célèbre.
Por último recoméndovos unha APP onde poderedes encontrar numerosos recursos para aprender francés.
FRANCÉS:
Imos repasar pouco a pouco os contidos que levamos dado neste curso. Gustaríame que fora o máis divertido posible, polo que vos poño tamén enlaces con contos e cancións. Para calquer dúbida aquí tedes o meu correo : silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es
Activités pour travailler les couleurs: activité 1; activité 2 et activité 3.