Complementarias

FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL 2020:

Facebook

Que este ano 2020 é diferente, a estas alturas do ano, é sabido por todos e todas, pero desde o CEIP Manuel Respino non queremos deixar de compartir coa nosa Comunidade Educativa un festival que, de non o poder facer de xeito presencial, intentaremos ofrecelo a todos/as de xeito virtual.

Para acceder a cada actuación deberedes picar no enlace do curso que desexades ver. Agradecer a vosa implicación na preparación deste evento e desexamos que vos guste.

ACTUACIÓNS 2020:

- 4º EDUCACIÓN INFANTIL: "DEIXA SAÍR AO NENO QUE LEVAS DENTRO"

- 5º EDUCACIÓN INFANTIL: LA LUZ QUE NACE EN TI

- 6º EDUCACIÓN INFANTIL: A COR DO OSO POLAR

- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: OS BONECOS DE TATI NUN NADAL DIFERENTE

- 4º EDUCACIÓN PRIMARIA: NADAL EN 4º DE PRIMARIA . FELICITACIÓN DE NADAL

- 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: PÓDESELLE GAÑAR

 

FOTOS FESTIVAL DE NADAL

Un ano máis celebramos a Semana de Nadal con diferentes actuacións:

O luns visitamos o Centro de Día da nosa localidade e tivemos a ocasión de compartir panxoliñas cos nosos maiores.

O martes tamén puidemos cantarlle as nosas panxoliñas aos maiores da Residencia Nosa Señora de Fátima.

E xa o xoves e venres actuamos no Salón de Actos do noso centro. 

 

Aquí deixamos algunhas fotos para ver unha pequena escolma das actuacións do noso alumnado (teatro, bailes, panxoliñas e moitas outras sorpresas):

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAGOSTO 2019:

O luns 11 de novembro levamos a cabo a celebración do magosto no noso centro.

Pero como non todo iba ser comer, primeiro levamos a cabo varios xogos populares con castañas. Máis tarde, vendo que o tempo non acompañaba,entramos ó comedor onde desfrutamos duns bolos preñados, castañas e un chocolate quentiño.
Gustaríanos agradecer a colaboración dalgúns papás que nos asaron as castañas; e por suposto ás nenas e nenos da  Galiña Azul, que viñeron xogar acompañados das súas coidadoras.

Desfrutade das nosas fotos: 

















SAMAÍN 2019:

Un ano máis celebramos o Samaín no noso centro con diferentes actividades:

- Decorando cabazas e vasoiras.

- Ambientación do centro.

- Túnel do terror e visionado de curtos de medo.

- Elaboración de lambetadas con figuras moi orixinais elaboradas polas familias.

Iremos subindo fotos ao longo dos vindeiros días:

 

 

APRENDEMOS SOBRE HIXIENE BUCODENTAL

Os nenos e nenas do CEIP Manuel Respino recibiron unha charla sobre hixiene bucodental por parte de Yolanda Fernández, hixienista dental do SERGAS no Barco de Valdeorras.

Durante a súa charla aos máis pequenos, Fernández ensinou aos nenos a importancia de manter os dentes nun estado óptimo de saúde así como a forma correcta de lavalos e os diferentes alimentos que poden ser perxudiciais á larga coma os doces, lambetadas, bollería industrial ou incluso algúns lácteos. Neste apartado a hixienista incidiu en que diversos produtos que se anuncian sen azucre si o teñen.

NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA VISITAN O MUNCYT E A DOMUS (A CORUÑA)

O pasado xoves 4 de abril, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron a cidade da Coruña acompañados polos mestres: Javio, Luisa, Silvia e Vicente e o coidador, Anxo.

En primeiro lugar, puideron ver as instalacións e exposicións no MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia Y Tecnología) onde había robots, un faro da Torre de Hércules, pezas de reloxos e outras cousas antigas. Pero, o que máis impresión causou foi a cabeceira do avión Lope de Vega, onde se transportou o cadro "Guernica" de Pablo Picasso, ao que puideron subir.

Máis tarde, fixemos diferentes experimentos con auga, terra, fariña, bicarbonate, betadine, vinagre... e aprendemos a distinguir unha mestura dunha reacción.

Logo, comemos todos xuntos no comedor.

Despois de comer visitamos a Domus. O que máis nos impresionou foron os latexos do corazón e o xogo de mover unha bóla coa mente.

Aquí deixamos algunhas fotos:

  

 

NENOS E NENAS DE 3º E 4º ASISTEN AO TEATRO

O alumnado de 3º e 4º de Primaria asisten ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro "Bon appétit" acompañados polas mestras Ana Isabel, Elena e Loli.

Aqui podedes ver algunhas fotos:

 

VISITA Á ALFARERÍA EN NIÑODAGUIA

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria tamén tiveron a ocasión de visitar unha alfarería en Niñodaguia.

Aqui podedes ver as fotos e este fantástico video:

VIDEO:


 
Distribuir contido