Semana do 04/05 ao 10/05
Bonne semaine! Ça va? Esta semana imos recordar os verbos aimer, adorer e détester.
Comezaremos por un vídeo que xa vimos na clase, e que a moitos vos encantou.
A continuación empregaremos dous vídeos para xuntar estes verbos con vocabulario novo que imos aprender, os alimentos.
Para reforzar o aprendido podedes facer varias actividades, algunhas online e outras que podedes imprimir.
Mandádemo ao meu email silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es para que volo corrixa.
Esta semana imos quedar en Francia, en Lyon, a miña cidade preferida. Lyon está no leste, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.
A continuación tedes dous vídeos, unha visita por Lyon e a música de Jean Michel Jarre, un dos precursores da música electrónica.
● Jean Michel Jarre, pionnier de la musique électronique.
Todos coñedes o libro “Le Petit Prince” e o seu autor, Antoine Saint-Exupéry naceu en Lyon. A foto que está ao principio da publicación é unha estatua dedicada a el, a cal fixen eu fai uns anos.
Por último déixovos un fragamento do libro.
Je vous souhaite une bonne semaine
Erro nas fichas.
Bos días! Despois de que varios me avisárades de que a ficha do exercice 4 estaba borrosa, mándovos un enlace con outra ficha para sustituir esta. Desculpade as molestias.
EXERCICE 4