ACTIVIDADES 1º EDUCACIÓN PRIMARIA:

Actualización a 23 de marzo de 2020

Bos días familias, esta fin de semana puidemos comprobar o que xa moitos nos temíamos, a cuarentena se alongará por dúas semanas máis. Nun principio, tanto a mestra Silvia coma o mestre Crespo decidimos enviar unha serie de actividades semellantes ao realizado nas aulas nos últimos meses para que o alumnado non perdese o ritmo e puidese continuar dende casa unha rutina de traballo.

Ao abeiro das novas máis recentes debemos introducir novas actividades para o alumnado. Estas novas actividades están pensadas para que cada familia as administre como vexa oportuno, pero están pensadas para que cada día o alumno ou alumna se sente a traballar un chisco pola mañá. A secuencia de actividades sería a seguinte:

- Arrancando o día. Mecánica lectora: procuraremos atopar lecturas acordes á idade do alumnado de primeiro, pero sempre será máis recomendable o uso dun conto que xa coñeza o alumno, deste xeito nos centramos só na mecánica lectora, no recoñecemento das letras, na lectura sen silabeo e controlando a respiración -facendo pausas ao final das palabras-. Tempo estimado: 15 minutos.

- Traballo de lingua ou matemáticas: buscaremos diferentes actividades que iremos colgando como xa o fixemos a semana pasada. Non é preciso facelas todas e non é preciso facer esas exactamente. Son un modelo que vos servirá a vós para que sepades que tipo de actividades realizamos en clase. Sentídevos libres para modificar ou ampliar calquera actividade que vos propoñamos. Tempo estimado: 1 hora.

Estas actividades xirarán sobre estes contidos:

  • Lingua: lectura, escritura copiando, inicio á escritura sen copiar -composición de oracións usando palabras dadas-.
  • Matemáticas: conteo, suma sen levadas, suma con levadas e resta sen levadas.

- Traballo creativo: o alumnado de primeiro de primaria aínda se atopa nunh parte moi iniciática do desenvolvemento cognitivo. Debemos proporcionarlles actividades que axuden a desenvolver a súa creatividade. Sempre ao final da sesión de traballo e por tempo ilimitado, debemos proporcionar ao alumnado material para realizar tarefas como as seguintes:

  • Ver unha película e debuxar o final da mesma antes de rematarse.
  • Ler un conto e ilustrar as súas persoaxes.
  • Con cartón, papel, celo e pegamento: construír casas, castelos, escenarios...
  • Con tea, sabas vellas e tesoiras: confeccionado dun vestido, disfraces...
  • Gravado de vídeos onde o alumnado conta un conto usando marionetas.
  • Facer un baile sobre unha canción que lles guste.

Nestes días están circulando polas redes sociais numerosas iniciativas que poden encaixar con este apartado: contacontos por youtube, maxia, programación cultural e educativa na televisión... Estes recursos deben ir máis aló do simple visionado pasivo e débense aproveitar para que o alumnado cre e imaxine.

Por último, coa finalidade de que nos poidades consultar calquera dúbida, enviar traballos do alumnado ou ter unha vía de comunicación, poñemos á vosa disposición o enderezo electrónico para que nos consultedes:

Silvia: silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es

Crespo: m.g.crespo@edu.xunta.gal

Semana 2 de cuarentena

SEMANA 2 DE CONFINAMENTO

Que tal van eses ánimos? Esperamos que ben. Esta semana temos preparadas unha batería de actividades. Debido a que nós tamén estamos lonxe do centro e non podemos consultar materiais impresos de referencia, desta vez primamos o uso de actividades en liña e descargables. Vos deixamos varios enlaces aquí abaixo para que decidades que actividades realizades co alumnado, lembrade que non son obrigatorias e que non se trata de facer exactamente isto, senón que son orientativas para que no caso de que así o decidades as modifiquedes e cambiedes ao voso gusto e ao nivel do neno ou nena.

Tamén vos queriamos facer unha recomendación tecnolóxica. Resulta que os tradicionais cadernos Rubio lanzaron unha aplicación para móbiles e táblets que está bastante ben, pode ser unha boa forma de manter as mentes do noso alumnado ocupadas e que traballen sen darse conta. A aplicación vola deixo aquí.

Así mesmo, non debemos de esquecernos de que este pasado 21 de marzo se celebraba o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. Compartimos con vós un vídeo de O Vello Cárcere de Lugo cunha proposta de manualidade.

Enlace ao vídeo e á manualidade

A continuación deixámosvos actividades para matemáticas, lingua, inglés e unha proposta de proxecto de construción. Tamén vos lembramos que estamos dispoñibles para vós aquí:

Silvia: silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es

Crespo: m.g.crespo@edu.xunta.gal

 

ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS

Actividades en liña para matemáticas: mellorando as capacidades de suma.

Sumas de un díxito sen levadas

Habilidades de suma: que sumando falta?

Sumas de dous díxitos sen levadas

Sumas de dous díxitos con levadas

Habilidades de cálculo mental: sumar dobles

 

Actividades en liña para matemáticas: mellorando a velocidade de suma.

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 4

Nivel 5

 

Actividades para descargar de matemáticas: resolución de problemas.

Problema 1

Problema 2

Problema 3

Problema 4

Problema 5

 

ACTIVIDADES DE LENGUA

Estamos tendo dificultades para atopar actividades de lingua galega. Por ese mtivo nos gustaría pedirvos que a poder ser a lectura que se realice de forma diaria fose en galego, para poder compensar a falta de recursos en liña neste idioma.

Exercicios de lectura con respostas que deben escribir as nenas e nenos

Exercicio 1: nivel fácil

Exercicio 2: nivel fácil

Exercicio 3: nivel moderado

 

Exercicios de lingua e a situación comunicativa

Exercicio 1

 

Exercicios de creación de palabras

Exercicio 1: colocar letras

Exercicio 2: colocar letras

Exercico 3: colocar letras

Exercicio 4: colocar letras

Exercico 5: colocar letras

 

ACTIVIDADES PARA INGLÉS

O inglés de primeiro de primaria é unha simple aclimatación ao traballo e o vocabulario, polo que non se realizarán actividades por escrito. Iso si, nos gustaría recomendarvos unha serie de vídeos para que os vexan e os canten en momentos libres. En concreto, estes tres xa os coñecen e tratan sobre os números, concepto que lles costa bastante, especialmente os números por encimado 12 -twelve-.

Números do 1 ao 10

Números de 10 ao 20

Números do 1 ao 20

 

PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DESTA SEMANA

E para finalizar, farémosvos unha proposta de traballo que permita ao alumnado empregar as habilidades de construción e de planificación. Esta actividade consistirá na creación dun coche con material reciclado.

Material preciso:

  • Botellas de plástico: cantas máis mellor.
  • Palillos, palliñas de plástico ou similares
  • Tesoiras
  • Pegamento
  • Celo
  • Pinturas
  • Imaxinación e ganas

Procedemento: a idea é empregar unha botella de plástico como corpo do coche e aos lados, facendo perforacións -coa axuda de irmáns maiores ou adultos- introducir rodas e elementos decorativos.

Vídeo de exemplo

Resultado final: o coche debe ter un lugar no que poder introducir un boneco de xoguete (un playmobil, un dinosaurio ou algo feito polos propios nenos e nenas). Tamén se debe atender á decoración.

Xogo: con cartón podemos facer unha rampa que se enganche cunha cadeira ou unha mesa. Lanzamos o coche e vemos canta distancia percorre. O obxectivo é facer modificacións para que percorra máis distancia, vaia máis recto e non se desmonte polo camiño ou que non se caia o boneco que temos dentro do coche.

 

Podedes mandar fotografías dos vosos coches aos nosos correos e as compartiremos ao final desta semana!

 

PROPOSTA CULTURAL DE LECTURA

Esta semana tamén vos recomendamos un libro que podedes conseguir comprando en liña da editorial kalandraka. Trátase de a que sabe a lúa?


Opcións de visualización de comentarios

Seleccione a maneira que prefira para amosar os comentarios e prema en "Gardar os axustes" para activar os cambios.