Benvida ao curso 2016/17

Benvida ao curso 2016/17

 

O vindeiro luns día 12 de setembro comeza para todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria un novo curso escolar.

 

A Comunidade Educativa do CEIP Manuel Respino dalle a benvida aos alumnos e as súas familias, especialmente, aos que se incoporan por primeira vez ao Centro.

 

Iníciase tamén una nova etapa na Dirección; comprométome  a seguir loitando polas melloras do Centro, actuando de intermediaria entre as distintas institucións para lograr a máxima calidade posible. Coma sempre, agardo a colaboración de toda a Comunidade Educativa para que nos sintamos orgullosos do noso Centro.

 

Un saúdo agarimoso.

 

A directora

 

Mª Teresa Fernández Arias

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer