TRIVIAL EDUCACIÓN FÍSICA !!!!

Moi boas nenos e nenas !!

Para poder pasar esta cuarentena un pouco mais entretidos, vouvos a presentar un xogo de mesa adaptado para a Educación Física creado por Elías Eguíbar Briones, tamén mestre de Ed. Física.

 

Trátase do Trivial, coñecédelo? Como sabedes o Trivial e un xogo de mesa que consiste en resolver preguntas para poder seguir xogando coa finalidade de completar o casilleiro de "Queixiños", cada Queixo terá unha cor que indica o tema da pregunta.

Pois ben, este trivial xogase exactamente igual pero as preguntas serán retos de Educación Física. É unha alternativa perfecta para pasar tempo de diversión en familia ao mesmo tempo que melloramos a nosa forma de movernos, relacionarnos co espazo que nos rodea, coñecer as nosas posibilidades de movemento, poñer a proba as nosas habilidades...

 

Deixovos aquí os enlaces á normativa completa do xogo, do taboleiro e dos Cartóns/casilleiros de cada xogador, os cales podedes imprimir e ter así un xogo co cal pasar mañas e tardes de diversión e movemento.

 

Normas e probas Trivial E.F.

Cartóns Xogador Trivial E.F.

Taboleiro Trivial E.F.

 

 Como veredes as actividades propostas  van encamiñadas aos primeiros cursos de primaria, polo que si ves que o teu nivel é superior, ou que se che fan moi fáciles, non teñas medo en adaptalas e subirlles a dificultade, convertíndose en retos que realmente che supoñan un desafío. Atrévete e ponte a proba!!!

Anímaste a probalo?

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer