Xaque ao virus
O luns 23 de marzo, deu comezo a proposta de lecer on-line "Xaque ao virus" que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer da Federación Provincial de ANPAs.
O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral.
Os retos serán probas sinxelas a superar para acumular puntos para o teu colexio. Publicaranse no blog do xogo os luns, mércores e venres ás 12:00 h. DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.
É moi sinxelo bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico do blog do teu colexio. A dirección do blog do noso centro é:
https://fapasmanuelmurguia.blogspot.com/ E-mail: fapasmanuelmurguia@gmail.com