Recollida de alimentos do Mercado Solidario
Moitas grazas a todos/as!!!!
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO PODEDES PASAR A VER O NOSO CENTRO.
DÍA: MÉRCORES 22 DE FEBREIRO.
HORA: 16:30.
DESTINATARIOS: Pais/nais e titores/as legais de alumnado que poida ser escolarizado no colexio.
RÓGASE NON TRAIAN AOS NENOS/AS.
VIDEOS DE NADAL
No seguinte enlace podedes descargar as imaxes coas actuacións de Nadal: Actuacións
Bo Nadal!!
Desexámoslles un bo Nadal e un mellor ano 2017. Recordámoslles que comezaremos as clases o luns, día 9 de xaneiro de 2017.
REUNIÓN PARA TODAS AS FAMILIAS DA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2016-17
DÍA: Xoves 8 de setembro.
HORARIO:
10:00 Reunión informativa para as familias do alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos).
11:00 Presentación do proxecto "Soñando a Educación Infantil" para todas as familias da Etapa de Educación Infantil.
12:00 Reunión informativa para as familias do alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Infantil (4 e 5 anos).
Debido á importancia dos temas a tratar e para o axeitado desenvolvemento das reunións non poderán entrar nenos/as.
NOVO CALENDARIO DE ADAPTACIÓN PARA OS NENOS/AS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)
O CALENDARIO DE ADAPTACIÓN DO VINDEIRO SETEMBRO para os/as nenos/as de 4º de Educación Infantil (3 anos) pode descargarse aquí.
Fixéronse algúns cambios para adaptalo as matrículas xa formalizadas.
A petición da ANPA modificouse o horario nalgúns dos días para que os nenos/as, que así o desexen, poidan incorporarse canto antes ao servizo de comedor.
DVD de imaxes - Curso 2015/16
Neste enlace poden descargar o DVD de imaxes que se proxectou no festival de fin de curso, celebrado o día 20 de xuño. Como saben, nel aparece un resumo de todas as actividades que se realizaron durante este curso 2015/16: celebracións, proxectos, excursións e visitas...
LISTADO DE ADMITIDOS / EXCLUIDOS DO FONDO DE LIBROS DE TEXTO
Adxúntase listado de admitidos e excluidos do fondo de libros de texto.
Pode consultarse nos seguintes enlaces:
Libros de texto 2016-2017
Xa está dispoñible o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2016-17. Podedes descargalo aquí.
Aproveitamos para lembrar que todas aquelas familias que solicitaron as axudas, tanto de material como de libros de texto deberán pasar polo centro o día 1 ou 4 de Xullo.
MATRICULAS 2016-17
INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA NO CENTRO PARA OS NENOS/AS DE NOVO INGRESO
DATAS: 20 DE XUÑO A 30 DE XUÑO.
DOCUMENTACIÓN: Poden descargar e imprimir neste enlace toda a documentación necesaria. O impreso de matriculación proporciónase na secretaría do centro.
A certificación médica de vacinas para 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria debe solicitarse no centro médico.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »