Listado Provisional de admitidos/excluidos do fondo solidario de libros de texto

Publícanse as listaxes de admitidos e excluidos no fondo solidario de libros de texto.

Listaxe de admitidos.

Listaxe de excluídos.

Lémbrase que non se merque ningún libro ata a publicación das listaxes definitivas, pois pode haber modificacións.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA PAIS DE NENOS/AS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

Para as familias de novo ingreso no centro.

DÍA: XOVES  6 DE SETEMBRO.

HORA: 10:00 DA MAÑÁ.

Rogamos non traian os nenos/as á reunión.

Libros de texto 2018-2019

Podedes consultar o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2018-19

No seguinte link: Libros de texto.

CALENDARIO DE ADAPTACIÓN 2018-19 para 4º Educación Infantil (3 anos)

Hoxe publicaron a orde do calendario escolar para o próximo curso 2018-19. Podedes consultala aquí.

 Adxuntamos Calendario de Adaptación para o alumnado que cursará 4º de Infantil durante o curso 2018-19.

MATRÍCULA 2018-19

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA NO CENTRO PARA OS NENOS/AS DE NOVO INGRESO

DATAS: 20 DE XUÑO A 1 DE XULLO.

DOCUMENTACIÓN: Poden descargar e imprimir neste enlace toda a documentación necesaria. 

Aquelas familias que así o desexen tamén poderán recoller os impresos na conserxería do centro.

A certificación médica de vacinas para 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria debe solicitarse no centro médico.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convócanse as seguintes axudas:

 

  • Fondo Solidario de libros de texto para alumnado de 3º a 6º de EP.
  • Axudas para libros de texto para alumnado de 1º e 2º de EP.

             Rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400 euros -> 170 euros.

             Rendas per cápita entre 5400 e 9000 euros -> 90 euros.

             Minusvalía igual ou superior ao 65% -> 250 euros.

  • Axudas para material escolar para todo o alumnado de EP.

             Rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400 euros -> 50 euros.

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESDo 22 de maio ao 22 de xuño.

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Fotocopia do libro de familia.
  • Anexos I e II (nun mesmo formulario).
  • Fotocopia do DNI (só se non se permite a comprobación telemática).
  • Declaración da renda 2016 (só se non se permite a comprobación telemática).
  • Certificado de minusvalía (de ser o caso).
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais (só se o/a pai/nai non teñen DNI).

Presentarase unha única solicitude para TODOS OS IRMÁNS escolarizados no centro (estarán dispoñibles na conserxería).

No caso de realizar a solicitude por vía telemática (internet) deberán cubrir unha solicitude por fillo/a.

Para o cómputo da renda per cápita deberán sumarse as casillas 392 + 405 da declaración da renda do ano 2016 e dividirse polo número de membros da unidade familiar a día 31 de decembro de 2016.

 

Os alumnos que gozaron das axudas para libros de texto o pasado ano terán que facer a devolución de libros antes do día 22 de xuño.

Listado provisional de beneficiarios/excluídos do Fondo Solidario (3º a 6º): 30 de xuño.

Listado definitivo de beneficiarios/excluídos do Fondo Solidario (3º a 6º): 5 de xullo.

Poden consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: 

Orde 9 de maio de 2018

Listaxe PROVISIONAL de Admitidos/Excluidos no proceso de admisión para o curso 2018-19

 Adxúntase listaxe.

 Obsérvese que nesta listaxe provisional aínda se reservan as 3 plazas para posible alumnado NEAE. De non cubrirse pasarán a ser admitidos os tres primeiros alumnos da lista de non admitidos.

Vacacións de Semana Santa

Hoxe comezan as vacacións escolares de Semana Santa. Retomaremos as clases o martes, día 3 de abril.

 Desexámoslles que pasen unhas boas vacacións.

 

 

 

BECAS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO

Neste link podedes consultar a convocatoria e bases reguladoras para a concesión da Beca de comedor escolar para o vindeiro curso.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet