INFORMACIÓN ADMISIÓN PARA O CURSO 2017-18

Adxúntase información variada sobre o proceso de admisión. Recoméndase ler especialmente o documento de información ás familias:

  • Decreto 254/2012, de 13 de decembro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • Orden 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados  con fondos públicos. Refundida coa orde do 25 de xaneiro de 2017. 

 

        O criterio complementario do centro que valerá 1 punto no baremo obterase sempre que se solicite un centro público como primeira opción.

ACTUACIÓN "XUNTARTE"

O pasado venres 27 de Xaneiro o alumnado de 6º curso de Eduación Primaria participou no Festival intencentros "Xuntarte", acompañados do grupo "Resuena" e o colexio de xordos "Nosa Señora do Rosario".

Podedes ver a súa actuación neste enlace: Vídeo

Recollida de alimentos do Mercado Solidario

Moitas grazas a todos/as!!!!

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO PODEDES PASAR A VER O NOSO CENTRO.

DÍA: MÉRCORES 22 DE FEBREIRO. 

HORA: 16:30.

DESTINATARIOS: Pais/nais e titores/as legais de alumnado que poida ser escolarizado no colexio. 

RÓGASE NON TRAIAN AOS NENOS/AS.

  

 

 

VIDEOS DE NADAL

No seguinte enlace podedes descargar as imaxes coas actuacións de Nadal: Actuacións

Bo Nadal!!

Desexámoslles un bo Nadal e un mellor ano 2017. Recordámoslles que comezaremos as clases o luns, día 9 de xaneiro de 2017.

REUNIÓN PARA TODAS AS FAMILIAS DA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2016-17

DÍA: Xoves 8 de setembro.

HORARIO:

10:00 Reunión informativa para as familias do alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos).

11:00 Presentación do proxecto "Soñando a Educación Infantil" para todas as familias da Etapa de Educación Infantil.

12:00 Reunión informativa para as familias do alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Infantil (4 e 5 anos).

 

Debido á importancia dos temas a tratar e para o axeitado desenvolvemento das reunións non poderán entrar nenos/as.

 

 

NOVO CALENDARIO DE ADAPTACIÓN PARA OS NENOS/AS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

CALENDARIO DE ADAPTACIÓN DO VINDEIRO SETEMBRO para os/as nenos/as de 4º de Educación Infantil (3 anos) pode descargarse aquí.

Fixéronse algúns cambios para adaptalo as matrículas xa formalizadas. 

A petición da ANPA modificouse o horario nalgúns dos días para que os nenos/as, que así o desexen, poidan incorporarse canto antes ao servizo de comedor.

DVD de imaxes - Curso 2015/16

Neste enlace poden descargar o DVD de imaxes que se proxectou no festival de fin de curso, celebrado o día 20 de xuño. Como saben, nel aparece un resumo de todas as actividades que se realizaron durante este curso 2015/16: celebracións, proxectos, excursións e visitas...

 

Powered by Drupal - Design by artinet