Skip to Content

Calendario de Adaptación para os/as nenos/as que comezan en 4º de EI (3 Anos)

Xa podedes descargar o calendario de adaptación para o/a voso/a neno/a no que figuran o grupo, días e horas nos que acudiran ao centro no mes de setembro.

 

 

Libros de texto 2014/15

Xúntase o listado de libros de texto para o próximo curso (2014/15), tanto para Educación Infantil como para Educación Primaria.

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto

O pasado venres, día 30 de maio, apareceu publicada no DOG a Orde de 28 de maio de 2014, que regula a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto. 

Xúntase a circular que se enviou ás familias dende o colexio e a Orde que saiu no DOG.

Día non lectivo: Luns, 19 de maio

O vindeiro luns, día 19 de maio, non haberá clase, por ser elixido polo noso centro como día non lectivo. Así, reanudaremos as actividades docentes o martes, 20 de maio.

Listado definitivo de admitidos/as para o curso 2014/15

Xa están publicados os listados definitivos de alumnos/as admitidos e excluídos para o vindeiro curso 2014/15.

Listas de admitidos/as para o curso 2014/15

Xúntanse en formato pdf as listas de alumnado admitido e excluído para o curso 2014/15, no noso colexio.

Vacacións de Semana Santa!!

Hoxe venres, día 11 de abril, comezan as vacacións de Semana Santa.

As clases reanudaranse o martes, día 22 de abril. Ata entón, a disfrutar!!!

Convocatoria becas de comedor, 2014/15

Hoxe, venres 21 de marzo, sae publicada no BOP a convocatoria para a concesión de becas de comedor, para o vindeiro curso (2014/15). O prazo de solicitudes é dende o día 22 de marzo ata o 8 de abril. 

A información e os impresos pódense obter nesta páxina web (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá, ou nos centros cívicos municipais.

Xúntanse a convocatoria e os anexos.

Curtametraxe elaborada por nenos/as do colexio

Nestes dous enlaces poderán ver unha curtametraxe elaborada por alumnos/as do colexio, a cal competirá o próximo día 25 de marzo, na primeira edición do Festival Ópera Prima de Curtas de Primaria, que se desenvolverá no Ágora, a partires das 19:00.

http://www.edu.coruna.es/ga/portada/novas_do_servizo_municipal_de_educac...

http://www.youtube.com/user/Webeducoruna

Prazo de admisión

Recordámoslles que o prazo para entregar as solicitudes de admisión neste colexio, con vistas á escolarización de alumnos/as novos, para o próximo curso, remata o vindeiro xoves, día 20 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut