Skip to Content

Matriculación do alumnado para o curso 2023/24

As matriculacións para o alumnado de cara ao curso 2023/24 poderán facerse dende o día 20 ao 30 de xuño. Recomendamos facelas a partires do día 22.

Poden consultar a documentación necesaria na seguinte ligazón.

 

Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o CURSO 2023/24

Convócanse as seguintes axudas:

Fondo Solidario de libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria).

•Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria).

  • Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 240 euros.
  • Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros:160 euros.

•Axudas para material escolar (todos os cursos de Educación Primaria):

  • Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 75 euros.
  • Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 60 euros.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 21 de xuño. Pode presentarse por internet na sede electrónica da Xunta. Para a presentación no centro o horario será de 9 a 9:50 de martes a venres e de 16:00 a 17:00 os luns. Para outras franxas horarias é preciso solicitar cita previa.

 Calquera dúbida solucionarase por teléfono: 881960763 ou por correo electrónico: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.gal

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

•Fotocopia do Libro de familia (imprescindible).

Anexos I e II. Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou recollerse na conserxería do centro.

•Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).

•Fotocopia do DNI (só se non se permite a comprobación telemática).

•Declaración da renda 2021 (só se no se permite a comprobación telemática).

•Certificado de minusvalía (só se non se permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta). 

•Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).

•Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servizos Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

 Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

 No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán que cubrir unha solicitude por filla/o.

Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2021, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2021. Se non se presentou a Renda no 2021, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

Pódese consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: Orde 10 de maio de 2023.

Admisión curso 2023-24

Todas as solicitudes de admisión presentadas obtiveron praza.

Poderán consultar o listado privisional de admitidos o día 25 de abril e o listado definitivo o 15 de maio.Ambos serán publicados no taboleiro de anuncios do centro.

 

 

Bolsas comedor para o curso escolar 2023/24

O 7 de marzo de 2023 publicouse no BOP a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-24.

Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.

Toda a información da convocatoria pódese consultar en:

Importante: a/o alumna/o solicitante deberá ter DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

 

 

 

Xornada de Portas Abertas

O vindeiro 28 de Febreiro, ás 16:00 da tarde, terá lugar a Xornada de Portas Abertas do colexio.

Informaremos das actividades e haberá unha rolda de preguntas. Finalizaremos cunha visita a todas as instalacións.

 

Estades todas e todos invitados!

 

 

Publicación Material Escolar 2022-23

Publicouse o material escolar para o presente curso.

Podedes consultalo na sección Libros de texto.

Horario de Reunións Iniciais coas familias de E. Primaria

Os horarios de reunións iniciais serán os seguintes:

  • 1º E. Primaria. Luns 12 de setembro ás 16:00.
  • 2º E. Primaria. Luns 12 de setembro ás 17:00.
  • 3º E. Primaria. Luns 19 de setembro ás 16:00.
  • 4º E. Primaria. Luns 12 de setembro ás 17:00.
  • 5º E. Primaria. Luns 12 de setembro ás 16:00.
  • 6º E. Primaria. Luns 19 de setembro ás 17:00.

Inscrición Comedor 2022-23

A ANPA do centro acaba de publicar no seu blogue o xeito de anotarse ao comedor escolar para o vindeiro curso.

O prazo será do 10 ao 30 de Agosto.

 

CONTACTO DURANTE O MES DE AGOSTO

Por medio do presente aviso infórmase de que para calquera consulta, dúbida, trámite ou xestión, poden contactar co centro educativo durante o mes de agosto a través do correo electrónico: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.gal.

REUNIÓNS DE E. INFANTIL DE INICIO DE CURSO

Convócanse reunións de E. Infantil de comezo de curso:

Día5 de setembro.

Horarios:

  • 9:30    4º de E. Infantil (3 anos).
  • 11:00  5º de E. Infantil (4 anos).
  • 12:30  6º de E. Infantil (5 anos).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut