O alumnado matriculado no centro ten garantida a súa permanencia, o proceso de admisión do alumnado curso 2013/2014 está dirixido ao alumnado matriculado noutros centros e que desexe cambiar a outro centro e ao alumnado que solicite posto escolar por primeira vez.
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2013/2014
|
Reserva de praza
|
Do 18 ao 22 de marzo
|
Sorteo público desempate
|
22 de marzo
|
Publicación vacantes
|
4 de abril
|
Presentación solicitude de admisión
|
Do 5 ao 17 de abril
|
Presentación documentación xustificativa
|
Do 22 de abril ao 3 de maio
|
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos
* Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación
|
Até o 10 de maio
|
Publicación das listaxes definitivas
|
Antes do 31 de maio
|
Formalización de matrícula en EI e EP
|
Do 20 ao 30 de xuño
|
i NOTA INFORMATIVA i
· Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
· O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
· O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Normativa reguladora do procedemento de admisión:
Decreto 254 Orde do 12 de marzo do 2013
Se queres descargar a solicitude:
Anexo II