Skip to Content

Curso 2010-2011, Actividades, Primeiro ciclo, Segundo Ciclo, Biblioteca, Actividades, Animación á lectura, curso 2011-2012, Actividades, Educación Infantil, Primeiro Ciclo, Segundo Ciclo, Terceiro Ciclo, Música, Orientaciön, Educación Fïsica, Inglès, Biblioteca, Adiviñas, Actividades, Animación á lectura, Recomendámosche, Apadriñamentos, Curso 2012-2013, Actividades, Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Biblioteca, Música, Inglés, Plan Proxecta

AS PROBAS DO PROXECTO CÓDIGO 3R DENTRO DA XINCANA DAS LETRAS GALEGAS.

Con motivo das letras galegas fixemos unha xincana na escola. Esta consiste en que o alumnado se divide en nove grupos con nenos e nenas de todas as idades mesturados en todos os grupos. Estes grupos teñen que facer unha especie de busca do tesouro superando nove probas. Cando pasan unha proba dáselles unha pista que os leva á seguinte proba. Dúas das probas da xincana eran sobre o noso Proxecto Código 3R: O Trivial dos residuos do Masdías, ao que engadimos algunha pregunta máis, pero en principio é como o de Sogama e O xogo dos colectores. O xogo consta de cinco colectores: azul, amarelo, verde, xenérico e composteiro. Logo hai un montón de tarxetas coa foto de diversos tipos de lixo. Os nenos e nenas teñen que determinar que residuo vai en cada colector e o comproban coa axuda co imán de Sogama.

O TRIVIAL DOS RESIDUOS DO MASDÍAS

O XOGO DOS COLECTORES CO IMÁN DE SOGAMA

NESTA LIGAZÓN TENDES ACCESO AO ARTIGO COMPLETO SOBRE ESTA XINCANA PARA CONMMEMORAR AS LETRAS GALEGAS.

OBRADOIRO DE XABRÓN A PARTIR DE ACEITE RECICLADO NO 2º CICLO, 3º e 4º

Coa colaboración da mesma nai que fixo o outro obradoido de xabrón repetimos a experiencia no 2º ciclo. Aquí tendes algunhas fotos da experiencia.

RECICLARTE EN INFANTIL

Ao longo do curso fomos facendo varias actividades plásticas con material de refugallo que se nos foron adaptando á temática dos proxectos de aula que tivemos en cada trimestre. Así fixemos unha nave espacial de cartón, un porquiño para aforrar con botelliñas de auga e xornais, e un teatro de títeres aproveitando unha caixa enorme. 

Premendo aquí tendes todas as fotos.

PROXECTO DE TRABALLO SOBRE A NOSA PEGADA AMBIENTAL: O LIXO QUE XERAMOS

O 1º curso de educación primaria desde o inicio do programa Reciclamos con Sogama levamos adiante un proxecto de traballo relacionado co lixo que xerabamos desde a clase, deste xeito unha vez que tíñamos as bolsas para recollida selectiva de lixo iniciamos un estudo de todo o lixo que xerábamos. No inicio a nosa clase separa de forma diferenciada o alumninio (para proceder á súa venda posterior), o papel, o plástico, os resíduos orgánicos (que van ó composteiro, para ser utilizados posteriormente no horto escolar), os tapóns que tamén se xuntan para entregar nunha campaña solidaria, e o resto do lixo que non podemos reciclar que vai a bolsa do xenérico. Diariamente se fai un reconto do lixo de cada tipo recollido (excepto xenérico) para semanalmente realizar un informe do lixo xerado (cantidade e tipo) co que se elaboran gráficas por parte do alumnado. Está previsto realizar un informe final cara fin de curso coa análise de tódolos datos. Neste intre podemos subliñar que desde o inicio ata hoxe o consumo de aluminio descendeu ao traer o alumnado os bocadillos e a froita en envases de plástico reutilizable, o mesmo que o número de botellas de auga pola mesma razón, o que fixo diminuír o número de envases da bolsa amarela, manténdose o lixo enviado para compostaxe.


CONTOS SOBRE A RECICLAXE E XOGOS DIXITAIS SOBRE AS 3R

Na clase de 6º de Infantil creamos un pequeno recuncho do Medioambiente con todos os libros que fumos lendo ao longo do curso no noso Obradoiro semanal de Medioambiente. Ademais tamén xogamos no noso Recuncho do Ordenador co CDROM LAS MELLIZAS Y LAS 3R e co Lim    que podedes ver na seguinte ligazón.

VISITA DE 3º DE PRIMARIA AO COLECTOR DE PILAS USADAS DO NOSO BARRIO DE CARANZA

Visitamos este colector e soprendémonos de que as pilas estiveran polo chan. Colocámolas dentro e, xa na escola, fixemos unha investigación sobre o contido das pilas e das razón de que contaminen tanto.



OBRADOIRO DE XABRÓN A PARTIR DE ACEITE RECICLADO NO 3º CICLO, 5º E 6º

Grazas á colaboración dunha nai dun alumno de 5º da escola poidemos facer xabrón a partir de aceite e outros productos do fogar.

AQUÍ TENDES AS FOTOS DA EXPERIENCIA.

LIBRO VIAXEIRO DE INFANTIL SOBRE LIMPADORES E DETERXENTES ECOLÓXICOS

Nesta activiade foi fundamental a colaboración das familias, pois foron elas as que nos enviaron as receitas ecolóxicas de xabróns e deterxentes que podemos facer case co que temos pola casa. Coas receitas elaboramos un libro que viaxou por todas as familias e volveu á escola. En clase fixemos tamén unha receita cun grado de dificultade adaptado as edades deste alumnado, o suavizante ecolóxico.  

Aquí están algunhas fotos máis.

OBRADOIRO ANUAL DE RECICLARTE NO 2º CICLO DE PRIMARIA: 3º E 4º.

En 3º e 4º fixemos un obradoiro anual de plástica usando materiais de refugallo. Nel fixemos: unha carteira con bricks e papel de agasallo usado, unha caixiña de cartón e un marco co material sobrante, un marco de fotos con bandexas de porexpan e recortes de revistas, un porquiño para aforrar con botelliñas de auga e xornáis e unhas marionetas con pinzas usadas.

Premendo nesta ligazón veredes máis fotos.


OS AGASALLOS DE SOGAMA PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DA NOSA ESCOLA

Acaban de chegar unha chea de agasallos para repartir entre todos os alumnos e alumnas da escola por participar neste proxecto de Reciclaxe. Minicolectores, bolsas de tela, lapis, bolígrafos, imáns para clasificar o lixo das nosas casas, folletos informativos, polares para a gorxa e balóns de futbol!! Moitas grazas!!


Distribuir contido


by Dr. Radut