Skip to Content

Blog Biblioteca

 

OBRADOIRO DE PINTURA: O PAÍS DAS CORES

Na clase de 4 anos estamos coñecendo a mesturas das cores a través das historias do PAÍS DAS CORES no que viven o AMARELO, o VERMELLO, o AZUL, o BRANCO, o NEGRO, o ROSA, o MARRÓN, ... Pero que non se coñecen entre si ate que se atopan por casualidade no seu mundo monocolor con outra cor e, ao saudárense, aparece "máxicamente" unha nova cor. 

Aos primeiros que coñecemos foron ao AMARELO e o VERMELLO, que quedaron abraiados ao darse ás mans e ver aparecer o...

LARANXA 

Con estas mans alaranxadas aproveiramos para pintar as cabazas do SAMAÍN que máis tarde adornarían a nosa entrada e tamén pintamos outras cabazas para a aula facendo esta mestura de vermello e amarelo.

 

A seguinte experiencia foi cando se atoparon AZUL e ROSA, dúas cores moi relacionadas co xénero, pero que non teñen porque realmente, de feito estiveron encantadas de atoparse, abrazarse e ver aparece ante elas...

 

 

O precioso VIOLETA símbolo da loita contra a violencia machista. Por iso con estas mans contruímos o símbolo desta loita contra o machismo.

 

 



 

 

09/06/2014

Random image

Emilia explicou como abonar a terra.
page | by Dr. Radut