Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2011/2012

Resumo das características recollidas na Orde do 13 de maio de 2011

  • Destinadas ao alumnado matriculado, no curso 2011/2012, en 1º, 2º, 5º ou 6º de Educación Primaria (unha solicitude por cada alumno/a).
  • Prazo de presentación: do 1 ao 30 xuño.
  • Documentación:
    • Solicitude asinada por tódolos membros da unidade familiar computables (para descargar a solicitude prema no adxunto máis abaixo).
    • Fotocopias dos DNI de tódolos membros da unidade familiar que obtiveron ingresos en 2009.
    • Orixinal ou copia compulsada do Certificado de Empadroamento.
    • Fotocopia do Libro de Familia (no caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio onde conste a custodia do alumno/a; nas custodias compartidas, as rendas de ambos proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar).
    • No caso de discapacidade igual ou superior ao 33% dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, fotocopia compulsada da certificación que acredite esta circunstancia a 31/12/09.
    • No caso de situación de violencia de xénero, documentación que acredite a situación.
    • No caso de falecemento dalgún dos proxenitores, certificado de defunción
  •  Contías das axudas:
Renda per cápita familiar (RPCF) 2009 Contía da axuda
Familias monoparentais
RPCF ata 6.000 € 170 €
RPCF desde 6.000,01 ata 9.000 € 90 €
Resto de familias
RPCF ata 5.400 € 170 €
RPCF desde 5.400,01 ata 9.000 € 90 €
* A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, referidos ao exercicio 2009 (suma dos recadros 455 e 465 da Declaración da Renda do 2009).
Renda per cápita familiar é a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables, a 31 de decembro de 2009 (nai / pai, fillos ou fillas menores de idade, fillos ou fillas solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar e fillos ou fillas maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial) (se algún membro da unidade familiar ten discapacidade igual ou superior ou 33%, computa por dous). Un novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, tamén é computable.

Os vales poderán recollerse na Secretaría do colexio do 27 ao 30 de xuño.

 

AdxuntoTamaño
Solicitude.pdf221.28 KB


page | by Dr. Radut