Skip to Content

Blog Biblioteca

 

PRESENTACIÓN NO XOFRE DO LIBRO "O RAPOSO E A MESTRA" DE MANUEL RIVAS

O alumnado de terceiro asistiu hoxe, 24 de febreiro, no Jofre a unha lectura dramatizada da obra 

O RAPOSO E A MESTRA de Manuel Rivas.

 

Ao final o propio autor asinoulles os exemplares do seu ibro.

 

FALAMOS DO FUNCIONAMENTO DOS NOSOS GRUPOS INTERACTIVOS NO CEIP VIÑAGRANDE DE VILANOVA DE AROUSA

O pasado luns 1 de febreiro o noso compañeiro Óscar, titor de 5º e director da escola, acudiu ao CEIP Viñagrande- Deiro de Vilanova de Arousa para falarlles aos mestres desta escola do funcionamento desta experiencia dos Grupos Interactivos coa que xa botamos a andar o curso pasado no Masdías e coa que continuamos este ano dado os bos resultados que nos aporta en numerosos aspectos. Neste proxecto as familias dos nenos e nenas da escola participan como voluntari@s dinamizando grupos de traballo en todas as clases dende infantil a 6º de primaria. Tanto o curso pasado como este usamos esta actividade quincenal para mellorar a competencia matemática do noso alumnado e integrar máis e mellor as nosas familias no traballo da aula. 

Familias, alumn@s e mestres estamos tan content@s con esta experiencia que estamos plantexándonos ampliala ao traballo da lingua, tendo así Grupos Interactivos todas as semanas. 

NOVAS VIAXES DO PROXECTO EUROPEO NO QUE PARTICIPAMOS, ERASMUS +, A CARDIFF (GALES) E A VARSOVIA (POLONIA)

O curso pasado comezamos a participar no programa europeo Erasmus + para compartir experiencias e mellorar a integración das familias dentro da escola. Neste programa participamos varios colexios de Ferrol con outras escolas de Cardiff, en Gales, e Varsovia, Polonia, dado que somos centros educativos de alumnado e familias con rasgos similares.

O curso pasado algúns mestres da escola visitaron escolas nestas dúas cidades europeas e este curso repetimos visita a Cardiff en outono con Sandra, a titora de 3º de primaria e tamén xefa de Estudos: 

 

E a Varsovia durante o inverno con Óscar, titor de 5º de primaria e director do centro: 

CHARLAS SOBRE A RECICLAXE NA ESCOLA.

 

Premede na primeira imaxe para acceder á noticia sobre as charlas de reciclaxe no cole, nos informativos de TV Ferrol. (Minuto 6)

 

 E aquí vos deixamos algunhas imaxes máis deste día:

 

https://youtu.be/BaDg43n_Do0

ENTROIDO PICASSIANO POLAS RÚAS DE CARANZA

A SEMANA DO ENTROIDO COMEZOU CO MECO REALIZADO POR 5º DE PRIMARIA. ESTE ANO O MECO ERA A GUERRA, REPRESENTADA POR PICASSO NO SEU GUERNICA.

 

ESTE MECO FEDELLO COMEZOU O LUNS CON OS SEUS MANDADOS...E FÍXONOS VIR CUNHA PINTA... CADA DÍA UN POUCO MELLOR...E SE NON... FARIÑA!!!

POR MALO E TERRIBLE LLE FIXEMOS UN XUÍZO E O CONDEAMOS AO LUME DO ENTROIDO.

 

LOGO CADA CURSO RECITOU O SEU DIVERTIDO E TESTAMENTO EN VERSO DEIXANDO AS COUSAS MÁIS INESPERADAS ÁS OUTRAS CLASES E MESTRES DA ESCOLA.

 

DURANTE A SEMANA ANTERIOR AO ENTROIDO OS NENOS E NENAS DA ESCOLA INVENTARON ESTAS COPLAS DO ENTROIDO QUE APRENDEMOS CO RITMO DA RUMBOIA PARA O PASARÚAS.

O VENRES FIXEMOS O PASARÚAS HABITUAL POLAS RÚAS DE CARANZA COAS FAMILIAS...

 

QUEIMAMOS O MECO...

E LOGO MERENDAMOS ORELLAS E LEITE, COMO TODOS OS ANOS,  GRAZAS Á COLABORACIÓN DA ANPA E A ESCOLA:

PICASSO E O GUERNICA NA PROCURA DA PAZ

CONSTRUINDO A POMBA DA PAZ DO GUERNICA, PARA NON ESQUECER OS HORRORES DA GUERRA...

E fixemos a merenda da Paz:

 

 

NADAL 2015 NO MASDÍAS

 Comezamos o Nadal coa exposición de contos de Nadal dos nenos e nenas de 3º e 4º:

 

Fixemos as postais de cada clase para FELICITAR O NADAL AO RESTO DA ESCOLA E ÁS FAMILIAS

E FIXEMOS O FESTIVAL DE NADAL POLA TARDE, CON VÓS, AS FAMILIAS, ANIMANDO AOS GRUPOS NAS SÚAS ACTUACIÓNS MUSICAIS

 

E DESPOIS DAS ACTUACIÓNS TIVEMOS A MERENDA DE NADAL GRAZAS Á VOSA COLABORACIÓN, AS FAMILIAS DA ESCOLA: 

 

INCUBANDO OVOS NA ESCOLA E INVESTIGANDO SOBRE OS PITOS, OS GALOS E AS GALIÑAS

Este curso en 5º de infantil (4 anos) e en 2º de primaria (7 anos) decidimos facer un primeiro proxecto sobre os OVOS e os PITOS, GALOS, E GALIÑAS

Como todas as nosas investigacións comezamos cunha asemblea na que falamos sobre o que xa sabiamos sobre este tema. Aquí tendes unha ligazón, premendo na foto, do que aconteceu en 2º de EP.

 

Para iso tivemos que mercar unha incubadora de ovos, pois chegamos á conclusión coas nosas investigacións de que non é no inverno a época de incubar os ovos para as galiña de xeito natural; ademais tiñamos outro problema: non tiñamos galiña!

 

Moito tivemos que aprender sobre conceptos como a HUMIDADE, a TEMPERATURA, a ROTACIÓN DOS OVOS, O CALENDARIO DE INCUBACIÓN, ...

 

Aos 10 días poidemos comprobar cunha lanterna se dentro do ovo había ou non un posible EMBRIÓN

E das casas foron chegando libros sobre o tema cos que fomos comezando as nosas investigacións ao tempo que medraban as nosas preguntas:

Aos 21 días de incubación apareceu a primeira sorpresa e pouco a pouco chegaron todas as demais:

 

A emoción de ver en directo algún nacemento será algo inolvidábel: 

 E moitos outros nenos e nenas da escola, non so os de 2º de primaria e 5º de infantil, viñeron a ver aos novos compañeiros de clase:

Dos 12 ovos que incubamos naceron 7 pitiños, pero so sobreviviron 6.

Na clase de 5º de infantil quedámonos coidando a 3 aos que chamamos por votación: Pepa, Zipi e Coco.

Na clase de 2º de primaria coidaron aos outros tres que entre todos decidiron chamar Melchor, Gaspar e Baltasar por ser tres e estar tan perto do Nadal.

  Aprendimos que necesidades básicas debíamos cubrir como coidadores e coidadoras e seguimos investigando e sabendo cada vez máis cousas sobre eles e tamén sobre nós por comparación:

 

 

Pero chegou o Nadal e tivemos que marchar un montón de días, aínda que, de vez en cando, nos chegaba unha foto dos nosos pitiños medrando e medrando...

 

 

Cando volvemos a velos á volta das vacacións case non sabíamos recoñecer cales eran os de cada clase:

Sen embargo, aínda que nos encantaba telos con nós nas clases, démonos conta de que necesitaban estar nun curral amplo e con espazo.

 

Así que despedímonos deles polo de agora e seguimos investigando as cousas que nos quedan pendentes, mais de vez en cando nos chega algunha foto do seu novo fogar:

Ao mellor dentro de pouco volven visitarnos, serán xa galos ou galiñas? ...

POR FIN NOVAS CRÍAS NA NOSA PEIXEIRA!!

Que sorpresa levamos en novembro!!

Os nosos queridos Guppys Plattys, dous dos tipos de peixes da nosa peixeira, por fin tiveron crías. Tanto tempo agardando o ano pasado polo gran acontecemento e por fin sucedeu este novembro!!! , cando xa non o esperabamos... Agora temos once novas adquisicións, dez guppys e un platty, e parece que medran axiña...

Estas fotos non son dos nosos peixes pero é un exemplo sacado da rede para que vexades máis claramente como son, porque aínda son demasiado pequenos e rápidos para sacarlles fotos claras: 

crías de guppys

cría de platty

PLENO ESPECIAL NO CONCELLO DE FERROL COA PARTICIPACIÓN DE NENOS E NENAS REPRESENTANTES DA ESCOLA

O noso colexio ven de participar no Pleno especial que tivo lugar no Concello de Ferrol para tratar temas da infancia. O encargado de defender as propostas do noso centro foi Daniel Melcón de 6º de primaria que estivo acompañado por Candela, David e Icía tamén de sexto. Todos os alumnos e alumnas da escola achegaron as súa suxestións de temas para ser tratados neste pleno. Moitas grazas a todos/as polas vosas propostas!!!!!

Distribuir contido


 

 

09/06/2014

Random image

Xacobe estivo de practicas con nós
by Dr. Radut