Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

DÍA DA ÁRBORE 2017

00/00/
Array

O venres 2 de xuño celebramos o "Día da árbore" plantando uns piñeiros de repoboación nos montes de Cariño.

Disfroitamos da paisaxe e do medio natural.

Preme aquí para ver as fotos.

 

MARES DE CULTURA

00/00/
Array

Mañá mércores, día 07 de xuño, o alumnado de Educación Infantil vai facer unha visita á cetárea A Balandra e ás redeiras de Cariño, actividades desenvolvidas dentro do programa "Mares de Cultura, os Nenos e o Mar".

LETRAS GALEGAS 2017

00/00/
Array

Este ano o día 17 de maio (Día das Letras Galegas) está adicado ao escritor ourensán Carlos Casares. Para celebralo os alumnos de 6ºA do centro elaboraron unha presentación sobre o homenaxeado e os de 2ºA a representación dunha das súas obras máis coñecidas, "A Galiña Azul". Ademáis , para celebrar este día os alumnos de 1º cantan a canción "Fun ao Mercado".

 CARLOS CASARES (Presentación. 6ºA)

 

A GALIÑA AZUL (Teatro. 2ºA)

 

FUN AO MERCADO (Canción. 1ºA)

Avaliación individualizada de terceiro curso.

00/00/
Array


Durante os días 30 e 31 de maio aplicaranse no colexio as probas da avaliación individualizada do alumnado de terceiro curso de E. Primaria.

Máis información: Guía sobre as avaliacións de E. Primaria e ESO. ( Consellería de Educación , en formato PDF )

AGRADECEMENTO SIMULACRO DE EMERXENCIA - EVACUACIÓN

00/00/
Array

O pasado xoves, 25 de maio, realizamos un simulacro de emerxencia-evacuación no noso Centro.

O simulacro levado a cabo permitiu evaluar a rapidez de actuación nunha situación de emerxencia con despliegue de dispositivos de seguridade.

Agradecemos a súa participación e colaboración nesta actividade ao Concello de Cariño, GES de Ortigueira  e á comunidade educativa.

Moitas grazas a todos/as!!!

Preme na imaxe para ver máis fotografías.

Simulacro de emerxencia.

00/00/
Array

 Durante a semana do 22 ao 26 de maio de 2017, está prevista a realización no colexio dun simulacro de evacuación coa presenza de vehículos de emerxencia. Trátase dunha situación controlada, non real , polo que deben evitarse as chamadas ao colexio e ás forzas de seguridade e emerxencia.

 

 

Distribuir contido