Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Feliz 2018

00/00/
Array

imaxe dun neno ou nena de costas observando a lúa

NADAL 2017

00/00/
Array

Un ano máis, e como xa é tradición, celebramos o Nadal no noso cole: decoramos unha Árbore Solidaria con bonecos de peluche que donou a comunidade educativa para agasallar aos máis desfavorecidos, montamos un Belén feito con material reciclado, xogamos ao amigo invisible con orixinais postais elaboradas por todos/as nós e, para ledicia de pequenos e maiores, recibimos a visita dos Reis Magos que nos adiantaron un pequeno agasallo.

Preme na imaxe para ver máis fotos do Nadal.

BO NADAL E FELIZ 2018!

Semana da ciencia en galego na biblioteca.

00/00/
Array

icona plambeimaxe do cartel

Durante a semana do 27 ao 1 de decembro celebraremos na biblioteca a "Semana da ciencia en galego".

Temos preparados catro rincóns:

  1. Investigación. Para observar e investigar.
  2. Construción. Para inventar.
  3. Programación. Para programar os robots.
  4. Libros sobre ciencia. Para aprender moitas cousas de ciencias.

 

Visita a galería de fotos do evento.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

00/00/
Array

O pasado día 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas.

Con ocasión desta conmemoración os alumnos de sexto curso acompañaron aos máis pequenos, de 3 anos, á biblioteca para ensinarlles como funciona e o que poden facer nela. Ademais aproveitaron para entregarlles os seus carnés de lectores e puideron ler con eles o seus libros favoritos. 

As imaxes que vos amosamos neste enlace dan fe do ben que o pasaron.

   

SEMANA STEM

00/00/
Array

Dende o domingo 29 de outubro ata o sábado 4 de novembro o alumnado de 5º de Educación Primaria está a participar na actividade formativa "Semana STEM" que se celebra nas instalacións CEMAR de Mondariz-Balneario. Durante o transcurso do campamento o alumnado vai realizar actividades de ciencia, biotecnoloxía, electrónica, soldadura, programación, deseño, impresión 3D e robótica. Esta actividade pretende proporcionar ao alumnado un escenario propicio para impulsar as coñecidas como vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e aumentar o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na Tecnoloxía.

Divertídevos coa ciencia!!!

 

 

Distribuir contido