O NOSO PATIO
Enviado por deli o Ven, 2023-04-21 11:54Seguimos traballando no noso tempo de lecer, creando novos espazos e mellorando e coidando os que xa temos.
https://www.youtube.com/shorts/JmNRPNaJWBo
CARTEIS 8 DE MARZO
Enviado por deli o Lun, 2023-03-20 15:44 Carteis creados polo alumnado para conmemorar o 8 de marzo
1º EP 2º EP
ENTREGA PREMIO RIFAS - CESTA CON PRODUTOS DA PUREZA
Enviado por deli o Lun, 2023-03-20 14:32Hoxe dous alumnos de 6º de EP, Manuel e Pablo, fixeron entrega dunha cesta con produtos da Pureza valorada en 100 euros. O agraciado foi Quique, un veciño Cariño, a quen lle damos a noraboa e a quen lle agradecemos o ter colaborado con nós.
Grazas tamén ao resto das persoas que compraron a nosas rifas.
NÚMERO PREMIADO RIFAS SORTEO CESTA
Enviado por deli o Lun, 2023-03-13 10:35DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO DE 2023
Enviado por deli o Sáb, 2023-03-11 21:33O pasado 23 de febreiro celebramos outro ano máis o día de Rosalía na nosa biblioteca. Co lema "CUMPRIUSEAXUSTIZA" o alumnado traballou a poesía de Rosalía e elexiu versos e palabras onde se ve reflictido a temática do lema deste ano. Escribiron sobre lazos de cores que posteriormente foron colgados dunha árbores , para así encher o aire coas súas palabras. Grazas Rosalía por deixarnos un legado tan importante.
ADMISIÓN ALUMNADO - Reserva de praza para o CEIP Manuel Fraga Iribarne para alumnado de novo ingreso.
Enviado por Jesusorizales o Mér, 2023-03-01 11:09O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) para todo o alumnado de novo ingreso do curso 2023/24
- Alumnado de 4º educación infantil (3 anos): precisa entregar a solicitude (ED550B) e documento acreditativo da idade do/a alumno/a.
- Alumnado de outros cursos procedente doutro centro: (ED550B), documento acreditativo da idade e certificado de matrícula do/a alumno/a.
A solicitude pódese presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación "admisionalumnado" para o que é preciso ter a chave 365 ou certificado dixital.
O modelo pódese descargar nas ligazóns a continuación ou recollela no centro (conserxería ou secretaría).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »