Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Febreiro 03, 2020 »
Lun
Start: 03/02/2020 09:30

 


Atención: Esta actividade aprázase para o luns 3 de febreiro, se a choiva o permite.


 

 

O vindeiro 31 de xaneiro de 2020 participaremos nunha proba de "Campo a través" que se celebrará en Atios, Valdoviño, preto do campo de fútbol.

Hora de saída: 9:30 desde o colexio.

Hora de regreso: 13:30 ao colexio.

Participantes: equipos de 2º,3º,4º,5º e 6º.

As persoas participantes deberán levar roupa e calzado deportivo. Tamén recomendamos levar unha camiseta e calcetíns para cambiarse.

 

[Fotografías da actividade na nosa galería de imaxes]

Start: 03/02/2020 20:44

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

CURSO 2020/2021

RESERVA DE PRAZA

PRAZO: DO 1 AO 17 DE FEBREIRO DE 2020

O vindeiro 1 de febreiro iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, reguladas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2020/21.

O alumnado que xa está matriculado no colexio no presente curso 2019/20 non ten que realizar este proceso, agás o alumnado de 6º de Educación Primaria.

O alumnado que iniciará a escolarización en 1º da ESO no vindeiro curso 2020/21 deberá realizar a reserva de praza presentando a solicitude no colexio ou facéndoo a través da web da Consellería de Educación (admisionalumnado-solicitudes-reserva-crear).

Para o alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) abrirase posteriormente un prazo para a admisión, non necesitando facer agora a reserva de praza.

Distribuir contido