1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Correlingua 2017

O Correlingua presentou a edición 2017 e fixo entrega dos premios nas súas tres categorías

 

O lema desta edición: “En galego, sen cancelas”

 

Os nosos nenos e nenas  de 3 e 4 anos do C.E.I.P. Manuel Luis Acuña entre os premiados de Correlingua 2017 na categoría de Educación Infantil 

 

Entregáronse o martes 18 de abril, os premios Correlingua na Deputación da Coruña. Á entrega acudiu o alumnado gañador das tres categorías composto por alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

Os gañadores foron:

 

Certame Banda Deseñada: alumnado de 3 e 4 anos do CEIP Manuel Luís Acuña de Ourense

Certame de Vídeo: alumnado de todos os niveis do CPI Manuel SuárezMarquier do Rosal

Certame Manifesto: alumnado de 4º da ESO do CPI Afonso VII Caldas de Reis

O Correlingua é unha actividade escolar, lúdica e reivindicativa que dura un curso e na que participan miles de alumnos e alumnas que son os verdadeiros protagonistas da actividade reflexionando sobre a situación do idioma e levando as súas reflexións á banda deseñada, o vídeo ou o manifesto que será lido nas doce localidades en que se celebrarán as festas finais. Este ano ten como lema “en galego, sen cancelas”. 

O Correlingua iníciase no primeiro trimestre coa convocatoria dos concursos por medio dos cales o alumnado reflexiona sobre a situación do noso idioma e crea os seus propios argumentos (manifesto, vídeo, banda deseñada) para defender o seu dereito a vivir e medrar en galego. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país, sacando á rúa esta mensaxe en prol do idioma.

 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer