|
|
|
|
|
|
A nosa existencia como colexio público comezou no curso 1982/83. Buscamos unha formación tolerante, integral e pluralista, baseada no respecto cara os demais, potenciando a capacidade crítica e creadora dos nosos alumnos, fomentando a participación e os valores de convivencia. Igualmente dámoslle importancia ao esforzo e á responsabilidade no traballo persoal dentro da formación integral que pretendemos para os nosos alumnos.
CEIP Luís Seoane Avda. Morro de Canide, 1 Maianca 15178 Oleiros Tfno 981617130 Fax 881912093 ceip.luis.seoane@edu.xunta.es
|
O CEIP Luís Seoane atende a zona norte do Concello de Oleiros, as parroquias de Dexo, Serantes, Maianca e parte da de Dorneda. |
|
|
|
Dispoñemos de 6 aulas de Educación Infantil e 14 de Primaria, usadas por máis de 400 alumnos.
O equipamento do centro integra Aula de Psicomotricidade, Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica, Informática, Biblioteca, Pistas deportivas, Aulas de Apoio e de Usos Múltiples,Departamento de Orientación.
Todas as aulas contan con varios equipos informáticos, a maioría con proxector, nunha rede interna que denominamos proxecto Seoane. Desde o curso 2010/2011 o centro forma parte do proxecto Abalar de novas tecnoloxías, integrando as aulas de 5º e 6º de Educación Primaria.
As clases impártense en sesión única de mañá, de 9 a 14 horas. O centro dispón de seis rutas de transporte escolar gratuíto.
|
|
|
|
|
|
|
|