Aclaración sobre libros de texto

Data: 1/09/2016

EDUCACIÓN PRIMARIA: LIBROS DE TEXTO DE MÚSICA.

 

Démonos conta de que hai un erro na listaxe dos libros de música: os ISBN dos libros de 5º e 6º non están ben. De todos os xeitos, hai libros suficientes en 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, polo que non é necesario mercar libros para estes cursos.

 

Somentes deberán comprarse, por ser novos, os libros de música de 1º e 2º de Ed. Primaria.

 

O equipo directivo.

 

 

 

 

 

 

 

 


 

Data: 11/07/2016

EDUCACIÓN PRIMARIA: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

Con data 11 de xullo, sae publicada a listaxe provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros de texto para alumnado de Educación Primaria.

Por mor da lei de protección de datos non se poden facer públicas estas listaxes polo que deberán chamar ou pasar polo centro para saber os libros que recibirán do fondo para o próximo curso.

Prazo para reclamar: dous días a partir da publicación (ata o mércores 13 de xullo).

Horario de atención ao público de Secretaría do centro de 11:00 a 14:00 horas).

Publicaremos as listaxes difinitivas o venres día 15 de xullo.