INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS DOS ALUMN@S DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Queridas familias,

 

Con motivo da incorporación dos vosos fillos ao noso colexio para o próximo curso, dende o Departamento de Orientación e, en coordinación coas titoras, queremos convidarvos a participar nunha xuntanza na que se plantexen temas que axuden ás familias a responder as cuestións que, de seguro que vos estades facendo.

O colexio é un lugar de xogo, aprendizaxe e interacción social, familias e profesorado deben estar atentos para que a escolarización se realice de forma natural.

Vós, como familias, xogades un papel moi importante neste momento, a adaptación dos fillos estará condicionada por cómo asumades a separación, os vosos temores, as vosas expectativas, a ansiedade, a seguridade ou inseguridades na decisión tomada e a confianza que tedes nas súas posibilidades. Estes sentimentos poden ser transmitidos por vós a través de manifestacións de excesiva preocupación, anguria, etc.... que son captadas polos menores respondendo inconscientemente a elas de forma negativa.

"Os primerios días de colexio son moi importantes na vida familiar. A escola é a continuidade da familia, é o primeiro medio de socialización e o profesor ou profesora debe asumir ese rol. O alumnado non coñece nin a estructura nin o funcionamento , por elo o traballo de adaptación e comprensión son prioritarios na programación do acceso ao colexio".

Para superar dúbidas e temores e necesario potenciar os contactos centro-familia, antes e despois da incorporación por eso independientemente de que no mes de setembro e tal e como marca a lei teñamos un período de adaptación que se anunciará no seu momento, queremos convocarvos (sen nen@) na Sala de Usos Múltiples (1ºandar) para o día LUNS, 10 DE SETEMBRO en horario de 11:30 a 12:30h.

Estamos seguros de que a experiancia será proveitosa para todos e contribuirá a achegarnos un pouco máis.

 

Graciñas e unha forte aperta.