NORABOA AS GAÑADORAS DO CONCURSO "MÚSICAS PARA A IGUALDADE"!

As nosas alumnas de 6º B,  Irene Lamela, Julia Rodríguez, Sabela Vázquez e Carmela Vázquez, son as GAÑADORAS do concurso "Músicas da igualdade. Amodiño e CÍA" convocado pola Concellaría de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros.

Tiñan que escribir unha letra sobre a igualdade de xénero a partires dunha canción moderna, e este foi o resultado gañador. NORABOA ARTISTAS!

Teñen de agasallo un cheque valorado en 150 euros para trocar en equipamento e material deportivo ou en actividades organizadas pola propia Concellaría (excursións e actividades de verán).

Ademáis, foron moitos os participantes do noso cole e fixeron uns vídeos e cancións estupendas e moi comprometidas, así que seguro estivo moi reñido!!!. Podedes ver aquí unha mostra dos traballos:

PARTICIPANTES NO CONCURSO