Admisión e matrícula (Curso 2014/15)

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Curso 2014/2015

(ORDE do 12 de marzo de 2013 ; DOG de 15 de marzo)

 

DATAS

ACCIÓNS

RESPONSABLE/S

1-15 de febreiro  

Reserva de praza no centro de orixe. (Só para alumnado de 6º EP)

As familias do alumnado de 6º que desexen reservar praza no IES Anxel Fole deberán entregar no CEIP Luis Pimentel o Anexo I cuberto.

Antes do 1 de marzo (26 de febreiro) 

Sorteo público a efectos de desempate.

Consellería de Educación. Publicarase na web: www.edu.xunta.es

Antes do 1 de marzo 

Publicación de postos escolares vacantes.

Secretaría de cada centro. Nos taboleiros.

Antes do 1 de marzo

Artigo 11.2. No caso de alumnado con praza reservada no centro de adscripción e que desexe solicitar admisión noutro centro, deberá renunciar por escrito á praza reservada.

Familias do alumnado de 6º EP que teñan reservada a praza no IES Anxel Fole pero desexen solicitar noutro centro.

1-20 de marzo 

Solicitude de admisión:

Presentación dunha única solicitude de admisión, que terá carácter vinculante, no centro solicitado en primeiro lugar:

·       Anexo II: pode descargarse da web (www.edu.xunta.es) ou recollerse no centro.

·       En caso de separación/divorcio, sinatura de ambos proxenitores xunto coa resolución xudicial correspondente.

·       Autorización á Consellería de Educación a solicitar a Facenda información necesaria (no Anexo II) / Copia do DNI dos pais

·       Acreditación do requisito de idade: libro de familia (orixinal/copia cotexada)

Familias do alumnado:

  • Que desexe cambiar a outro centro
  • Que solicite posto escolar por primeira vez.

Do 24 de marzo ao 4 de abril 

No caso de haber máis solicitudes que vacantes en algún nivel (Art. 17):

  • Notificarase no taboleiro do centro abrindo o prazo para acreditar os criterios do baremo.
  • Presentación da documentación acreditativa do baremo (ver Artigos 19 a 27 da ORDE do 12 de marzo de 2013)

Familias solicitantes nos niveis nos que as solicitudes superen o número de vacantes.

A presentación é voluntaria pero: a falta de presentación en prazo ou a documentación que non se axuste ao establecido na Orde do 12 de marzo de 2013 non será tida en conta a efectos de puntuación.

Entre o 4 e o 25 de abril 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

Consello Escolar no taboleiro do centro e/ou web.

5 días hábiles

Prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais.

Familias en secretaría.

Antes do 15 de maio e ata o inicio do curso 2014/15. 

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

Art. 31.1:A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase realizada a través das listaxes definitivas.

 

Consello Escolar no taboleiro do centro e/ou web.

Art. 30.3: As persoas interesadas poderán consultar as listaxes definitivas coa puntuación desglosada na secretaría do centro.

20-30 de xuño 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria.

Familias do alumnado admitido na secretaría do centro.

25 de xuño-10 de xullo 

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato.

Idem no IES

1-10 de setembro. 

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato.

Idem no IES

Lexislación correspondente

 

 

AdxuntoTamaño
calendario completo.pdf108.71 KB

Powered by Drupal - Design by artinet