Skip to Content

MODIFICACIÓN HORARIO DE ENTRADAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA

  Estimadas familias:

 Dada as circunstancias do COVID, as entradas e saídas do centro durante este curso escolar sufriron un cambio. Despois de observar a aglomeración que se produce fóra do recinto escolar, e escoitadas as familias, o horario de entrada para o alumnado de Educación Primaria queda da seguinte maneira:

 Rúa Santo Graal

 ·        2º EP, ás 08:55.

 ·        1º EP, ás 09:00

 Rúa Gallego Tato

 ·        6ºEP, ás 08:55. Polo portalón.

 ·        4ºEP, ás 08:55. Pola cancela pequena.

 ·        5ºEP, ás 09:00. Polo portalón.

 ·        3ºEP, ás 09:00. Pola cancela pequena.

  Organización nas rúas.

 O alumnado colocarase, gardando as distancias de seguridade en todo momento, na fila do seu grupo clase por orde de chegada.

 De antemán agradecemos a súa colaboración.

 Un cordial saúdo.

 

  A Dirección do centro.

 



page | by Dr. Radut