Skip to Content

VACACIÓNS DE ENTROIDO 2017

As vacacións de entroido comprenden os días

Antroido 2017

O venres 24 de febreiro celebraremos o entroido a partir das 12:15 horas. O alumnado de educación infantil farao no seu patio de recreo, e o de educación primaria nas pistas de fútbol e baloncesto. Ao longo de toda a semana tivemos consignas:

luns: algo nos pés, calzado diferente...

martes: roupa do revés

mércores: algo na cabeza/pescozo/orellas

xoves: cara pintada

Suspensión de Actividades Extraescolares venres 3 febreiro

Por mor das condicións climáticas adversas, con Alerta laranxa por refachos de vento superiores aos 90-100 Km/h en toda Galicia, e seguindo as recomendacións da Comisión Escolar de Alertas,  quedan suspendidas TODAS AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES de tarde neste centro escolar no día de hoxe, 3 de febreiro.

REUNIÓN COS PAIS/NAIS DO ALUMNADO DE 3 ANOS

O XOVES día 8 de setembro ás 16:30 horas, na Biblioteca do centro, terá lugar unha reunión das profesoras titoras cos pais/nais do alumnado de 3 anos.

ENTREGA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL

 Vales: Entregaranse os vales no centro ata o 7 de xullo e os que quedasen sen recoller poderán retiralos en setembro

 

ACLARACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO

A Consellería de Educación fai hoxe a aclaración seguinte:

 

A listaxe provisional reflicte o reparto de libros existentes no fondo do centro.

De non ser suficientes para atender á totalidade do alumnado con dereito a recibilos, realizarase unha adxudicación complementaria.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut