blogue deadmin

BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Infórmase ás/aos solicitantes de prazas  escolares neste centro para o curso 2017/18, que os cursos nos que existen máis solicitudes ca prazas vacantes son:

  •  4º Educación Infantil (3 anos): 91 solicitudes para 75 vacantes.
  • 6º Educación Infantil (5 anos): 2 solicitudes para 0 vacantes.
  • 5º de Primaria: 1 solicitude para 0 vacantes

 

Sendo preciso baremar as solicitudes, mesmo no caso de que non haxa vacantes, ábrese un prazo para aportar no centro a documentación que acredite a puntuación, conforme se recolle na Sección 2ª. Criterios xerais de baremo, artigos 19 e seguintes, da ORDE do 12 de marzo de 2013.

 

PRAZO: do 23 de marzo ao 5 de abril de 2017 ás 14:00 h.

 

O artigo 17.2 da ORDE do 12 de marzo de 2013 establece que “A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente. “  Igual consideración terá a documentación presentada fóra de prazo (artigo 17.4)

  

No resto dos casos, todas as solicitudes están ADMITIDAS.

 

Publicarase a relación provisional de admitidas/os a partir do 24 de abril. Non se publicarán as puntuacións, podendo as persoas interesadas consultar en secretaría a propia puntuación.

                                                                           

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017/18

O prazo para presentar solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2017/18 abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2017, ambos inclusive.   Máis información aquí.

Procedemento

A solicitude de admisión de alumnado, que será única, realizarase mediante o modelo Anexo II (procedemento ED550B) aprobado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017,

Poderá cumprimentarse de dúas maneiras:

-      

De forma electrónica na aplicación admisionalumnado,

 

-      

De forma presencial no centro educativo solicitado en primeiro lugar: descargando previamente o anexo II para cumprimentalo de forma manual polas familias .

 

Resultado do sorteo letras de desempate: Aquí.

 

Reserva de praza no IES Anxel Fole:

 

Infórmase de que o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Luis Pimentel que solicitou reserva de praza no IES Anxel Fole, foi admitido. Deberá formalizar matrícula nos prazos establecidos nese centro.

VACACIÓNS DE ENTROIDO 2017

As vacacións de entroido comprenden os días

Antroido 2017

O venres 24 de febreiro celebraremos o entroido a partir das 12:15 horas. O alumnado de educación infantil farao no seu patio de recreo, e o de educación primaria nas pistas de fútbol e baloncesto. Ao longo de toda a semana tivemos consignas:

luns: algo nos pés, calzado diferente...

martes: roupa do revés

mércores: algo na cabeza/pescozo/orellas

xoves: cara pintada

Suspensión de Actividades Extraescolares venres 3 febreiro

Por mor das condicións climáticas adversas, con Alerta laranxa por refachos de vento superiores aos 90-100 Km/h en toda Galicia, e seguindo as recomendacións da Comisión Escolar de Alertas,  quedan suspendidas TODAS AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES de tarde neste centro escolar no día de hoxe, 3 de febreiro.

REUNIÓN COS PAIS/NAIS DO ALUMNADO DE 3 ANOS

O XOVES día 8 de setembro ás 16:30 horas, na Biblioteca do centro, terá lugar unha reunión das profesoras titoras cos pais/nais do alumnado de 3 anos.

ENTREGA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL

 Vales: Entregaranse os vales no centro ata o 7 de xullo e os que quedasen sen recoller poderán retiralos en setembro

 

ACLARACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO

A Consellería de Educación fai hoxe a aclaración seguinte:

 

A listaxe provisional reflicte o reparto de libros existentes no fondo do centro.

De non ser suficientes para atender á totalidade do alumnado con dereito a recibilos, realizarase unha adxudicación complementaria.

 

Libros de texto 2016/2017

No ficheiro adxunto pódese consultar o listado de libros de texto para o curso 2016/2017.

Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016

Segunda convocatoria de axudas para  adquirir material escolar  destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas  reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

Powered by Drupal - Design by artinet