PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2017-2018

O pasado 1 de febreiro publicouse no DOG a Orde que regula o procedemento de admisión e matriculación do alumnado  de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2017- 2018.

 

O prazo de admisión nun novo centro abranguerá do 1 ao 20 de marzo.

 

·         As solicitudes de admisión para o curso 2017-2018, poderán realizarse a través de Internet, mediante a aplicación de xestión do proceso "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou ben entregando o formulario presencialmente no noso colexio.

·         O formulario normalizado estará  dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación admisionalumnado, na nosa páxina web como adxunto e tamén será entregado nos centros docentes.

·         Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos de DNI, domicilio fiscal, renda anual, condición de familia numerosa, discapacidade do alumnado/proxenitores/titores ou irmáns.

·         Cando a familia se opoña a que a Administración consulte os datos, deberán indicalo no cadro correspondente do formulario e achegar os documentos que acrediten calquera destas circunstancias.

Para que as persoas interesadas poidan coñecer o noso centro realizaranse dúas xornadas de portas abertas para que poidades coñecer o centro, a liña de traballo, as instalacións e preguntar tódalas dúbidas que teñades.

As xornadas de portas abertas serán o martes 07 de marzo ás 17:30h e o venres 10 de marzo ás 10:30h.

 

NORMATIVA:

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Anexo II: Documento de solicitude de admisión.

AdxuntoTamaño
20170201_admision.pdf709 KB
SOLICITUDE ADMISIÓN.pdf903.64 KB
ORDEN Admisión.pdf1.13 MB