Abalar

 

   O noso centro participa desde o curso 2010-2011 no Proxecto Abalar, posto en marcha pola Consellería de Educación,      e     que ten como obxectivo  dar resposta ás necesidades do profesorado e das familias para alcanzar plena integración      das TIC no  sistema educativo

 

Desde a posta en marcha deste  proxecto  temos 4 aulas, as de 5º e 6º de  EP coa seguinte  dotación: un ultraportátil para cada alumn@, un pórtatil para o posto do profesorado  e un taboleiro dixital interactivo.

As Tics son  unha ferramenta ou instrumento de traballo (non un fin en si mesmo) cuxo uso leva vantaxes e apoio no desenvolvemento da tarefa educativa, debendo estar integrado adecuadamente na dinámica do traballo escolar e servindo como un elemento altamente motivador na práctica diaria.

 

A dixitalización das aulas do noso centro implica ter en conta  os recursos materiais existentes e  o seu estado e os recursos persoais, profesorado e alumnado, para poñer en marcha un proxecto que  achegue o noso centro educativo aos novos tempos, e así poder ofrecer aos nosos alumnos oportunidades que lles acheguen á realidade dunha escola en progreso e en consonancia co tempo presente e futuro. 

No curso 2017/18 iniciaremos un proxecto que pretende integrar a robótica educativa no centro, e así iniciar ao noso alumnado na experiencia de programación básica,

 

robótica e construción.

 O proxecto vai dirixido ao alumnado de 6o de E. Primaria, 52 alumnos e integrarasecomo materia de libre configuración de centro, no nivel de 6o de E.P. no marco da

 

 

normativa vixente. (Artigo 8 dodecreto 105/2014)