Actividades

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO

 

 

  • Os días 1 E 4 DE MAIO NON HAI TAREFAS TELEMÁTICAS por ser o día 1 festivo e o día 4 non lectivo, dos dous concedidos para este cole. 

 

 

ENLACE AULA VIRTUAL

 

ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL

ACTIVIDADES EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

Pitiños de Mos

 

Aproveitando a gran oportunidade que nos ofreceu a asociación AVIMÓS (Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos), queremos compartir coas familias un pequeno vídeo de todo o proceso de incubación e eclosión dos pitiños. 

 

Ademais tamén deixamos unha ligazón á galería para que poidades ver todas as fotos tomadas ao longo destes días. 

Ligazón á galería

Cultivamos La Paz

O alumnado do CEIP Francisco López Estrada celebra o Día da Paz cantando e cultivando o horto. Dúas actividades que dan bos froitos e compleméntanse á perfección. Seguiremos traballando duro o resto do curso, quitando malas herbas e plantando bos desexos. A disfrutar do vídeo!

Charla informativa sobre o proxecto Pilabot.

Hoxe, día 13 de febreiro, recibimos unha charla informativa sobre o proxecto e concurso Pilabot no que estamos a participar. O contido da charla, que abarcaba dende as diferentes clases de pilas, os seus compostos, partes e funcionamento, reciclaxe e reutilización, fíxose moi amena e o alumnado participou activamente plantexando novas preguntas ou respondendo ás que realizaba a relatora. Ademais o alumnado pasouno en grande co xogo final que propoñía unha serie de preguntas sobre o contido tratado. Como estiveron moi atentos á explicación foron moitos os acertos. E agora que sabemos a teoría hai que demostralo coa práctica. Debemos de ser responsables e tratar axeitadamente as pilas e baterías que temos na casa. Todas e todos a reciclar!

Pilabot

Charla informativa de AVIMÓS

Galiña de Mos

O día 12 de febreiro recibimos a visita da Asociación de Avicultores da raza de galiña de Mos (AVIMÓS). A charla informativa que ía dirixida a todos os niveis, infantil e primaria, presentounos a esta raza galega con denominación de orixe, así como o proceso de cría e incubación. 

Galiña de Mos 2

Ademais da visita e de toda a información que compartiron connosco, tamén nos trouxeron unha incubadora con dezaoito ovo ben fermosos. Se todo vai ben e os alumnos/as os coidan axeitadamente, dentro duns 21 días aproximadamente daremos a benvida a uns auténticos poliños de Mos. 

Se queredes máis información sobre a raza da galiña de Mos dispoñedes da páxina web oficial na que atoparedes diferentes recursos e materiais. Tamén queremos agradecer a visita da Asociación e de todo o material facilitado. Moitas grazas, amigos de AVIMÓs

AVIMOS

Xogade - Actividade Deportiva Escolar

O pasado luns día 3 de febreiro o CEIP Francisco López Estrada participou en Xogade, Actividades Deportivas Escolares organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte. Este ano o encontro entre varios colexios (CEIP Manuel Fraga, CEIP Nicolás do Río, CPI de Atios,... ) celebrouse en Valdoviño. O alumnado do noso colexio demostrou estar en boa condición física e alcanzou uns bos resultados, pero sobre todo pasárono estupendamente. Ademais tivemos un tempo estupendo resultando unha xornada moi agradable e estival, todo un luxo nesta época do ano. Estamos desexando volver o ano que vén. 

 

Reapertura da Biblioteca Municipal do Barqueiro

Caxoto1

A semana pasada o CEIP Francisco López Estrada foi convidado por parte do Concello de Mañón á reapertura da biblioteca municipal. Para celebrar o devandito evento contamos coa presenza do noso amigo Caxoto, que unha vez máis nos amenizou a xornada cunha estupenda selección de contos fantásticos e sobre todo co seu gran sentido do humor. Tanto pequenos como adultos pasámolo estupendamente e regresamos ao colexio con moitas ganas de volver visitar a biblioteca e de ler unha chea de libros. Queremos agradecer ao concello esta invitación así como a Caxoto polo seu bo facer e o seu gran sentido do humor. Pola nosa banda comprometémonos a ler moitos libros e visitar frecuentemente a biblioteca. 

Caxoto 2

Celebramos o día da paz - 30 de xaneiro

Cultiva la paz

A semana pasada celebramos no CEIP Francisco López Estrada o día da Paz (30 de xaneiro). Aproveitando que este ano estamos centrados no proxecto do horto escolar e do coidado da nosa contorna, eliximos unha canción moi apropiada "Cultiva la paz". Ademais de sensibilizarnos respecto da importancia de vivir nunha sociedade pacífica e sen conflitos, aproveitamos a canción para crear un pequeno vídeo musical centrado no horto. Estade moi atentos porque dentro duns días estará dispoñible na web do colexio. E lembrade, a paz celébrase todos os días do ano!

 Cultiva la paz 2

Caxoto e os seus contos.

Onte, día 18 de decembro, contamos coa presenza do contacontos Caxoto, que xa é todo un clásico no noso colexio. Nesta ocasión amenizounos cun conto cheo de personaxes coñecidos; "Carapuchiña Vermella", os "Tres Porquiños", "Os Sete Cabritiños", o "Lobo Feroz".... un conto de medo que daba moita risa e que sobre todo sorprendeunos cun final do máis inesperado. Pero os contos, ademais de resultar entretidos, tamén son moi formativos, e Caxoto falounos dun tema moi importante como é a violencia de xénero e o papel da muller nos contos tradicionais. Para terminar a actividade Caxoto organizou un rap no que involucrou a todo o alumnado. Esta vez o importante non eran as rimas, senón o contido da canción e a defensa da igualdade en todos os ámbitos, tanto dentro como fóra dos contos. Desde aquí queremos agradecer a visita do noso amigo contacontos e esperamos velo de novo moi pronto. 

 

Distribuir contido