Secretaría

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 20 e 30 de xuño

Deberase presentar a seguinte documentación:

  • 4 fotos do alumno/a  tamaño carné 
  • Fotocopia do boletín de vacinas do alumno/a
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar
  • Solicitude de matrícula(Anexo III – 1) debidamente cumprimentada, a cal poderedes recoller no centro

 

 

 

 

 

Admisión de alumnado 2019/2020

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

CEIP Francisco López Estrada

Teléfono: 981414127

Enderezo electrónico: ceip.lopez.estrada@edu.xunta.gal

O Porto do Barqueiro - 15337 Mañón , A Coruña

 

                4º Educación infantil 

APELIDOS E NOME ADMITIDO/A
1 GÓMEZ ÁLVAREZ, JULIA SI
2 GÓMEZ BALTAR, MIGUEL SI
3 PORTAL ÁLVAREZ, DÍDAC SI
4 RIVERA PEGUEIRO, KILIAM JOSÉ SI
5 RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, HUGO SI
6 RODRÍGUEZ LOZANO, SERGIO SI

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2019/2020. AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

NORMATIVA: ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020 (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2019).

 

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO; cursos nos que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2018/19.

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP

  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

Na convocatoria actual, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

 

  • Posibilidade de acceso dos cidáns á aplicación Fondolibros para elaborar a solicitude (xeración do número de solicitude

  • Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

 

  • Presentación da solicitude no centro cuberta de xeito manual (sen número de solicitude)

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído)

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS 

A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:

  1. Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

  2. Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

      

    Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

  • Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 6 libros de texto

  • Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 4 libros de texto.

 

A CONTÍA DAS AXUDAS para adquirir libros de texto será:

 

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

 

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €.

  • Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €.

 

A CONTÍA DE AXUDA para adquirir material escolar destinado a todo o alumnado matriculado en EP con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € será de 50 €.

 

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

 

  • Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2017 dividido entre o número de membros computables.

  • Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas.

  • A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2017, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible do aforro (recadro 435); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

  • As persoas que non residiran en España no ano 2017 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe mediante nóminas, xustificantes de pensión, xustificantes de rendementos bancarios ou calquera outro documento acreditativo. No caso de carecer desta documentación ou se non obtiveran ingresos deberán presentar unha declaración responsable dos ingresos da unidade familiar.

  • Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

     

    Membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a

nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

 

Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

 

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2017, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2018/19. ( agás 1º e 2º de Primaria)

  • Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2019/20 e devolvelos ao rematar este

  • Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

  • Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

DOCUMENTACIÓN

  • ANEXO I debidamente cuberto.

  • DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

    • Anexo II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos:

      DNI ou NIE

      • Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, á falta deste, o certificado

      tributación de imputacións no exercicio 2017.

      • Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia

      • Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran

      invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por

      incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha

      discapacidade igual ao 33%)

      • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en

        que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro do 2017,

        poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros:

         

        1º Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador

        onde conste a atribución da custodia

        2º. Certificado ou volante de convivencia.

        3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a

        familia.

          • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un

            órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

          • Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei

            11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de

            xénero.

          • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada,

            no caso que corresponda.

          • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou

            certificado do centro de menores para o alumnado en tituación de tutela ou garda da

            Xunta de Galicia.

          • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou

            do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou

            o titor e titores carezan de DNI e NIE.

             

            En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2017, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

 

De calquera xeito, poden falar coa dirección do centro a fin de solventar as diferentes dúbidas que xurdan.

 

MATRÍCULA 2019-2020

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

O proceso de admisión do de alumnado para o curso 2019/2010 estará  aberto do 01 ao 20 de marzo do 2019.

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 12 de marzo de 2013pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 25 de xaneiro de 2017pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión en centros sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio, de educación.

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2019-2020

 

AULA

NIVEL

PRAZAS OFERTADAS

PRAZAS VACANTES

 

AULA INFANTIL

4º INFANTIL

7

7

5º INFANTIL

4

1

6º INFANTIL

9

1

 

AULA 1 PRIMARIA

1º PRIMARIA

6

3

2º PRIMARIA

6

2

3º PRIMARIA

8

1

 

AULA 2 PRIMARIA

4º PRIMARIA

6

2

5º PRIMARIA

4

2

6º PRIMARIA

10

4

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA

O prazo para presentar solicitude de admisión será durante os días 1- 20 de Marzo, ambos os dous inclusive. A solicitude será única e de carácter vinculante, presentándose no centro que se solicite praza en primeiro lugar.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Solicitude de admisión (Anexo II, procedemento ED550B) debidamente cumprimentada e asinada por ambos proxenitores. Poderase solicitar o impreso na dirección do centro ou descargar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • DNI da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar (se non permiten a consulta).

  • Documento acreditativo da idade do alumno ou alumna.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

  • Manifestación do desexo de utilizar os servizos complementarios do centro.

  • Indicar se o alumno ou alumna presenta necesidades específicas de apoio educativo.

  • Libro de familia.

 

Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo de centro.

 

A presentación de documentación acreditativa do baremo sería unicamente necesaria se houbera unha demanda de prazas superior á oferta. Faríase nos 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

 

PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS/NON ADMITIDOS

Listaxe provisional: antes do 25 de Abril. As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles, contados a partires do día seguinte á publicación desta listaxe.

Listaxe definitiva: antes do 15 de Maio.



FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 20 - 30 de Xuño.

Deberase presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de matrícula (anexo III – 1)debidamente cumprimentada, a cal se poderá solicitar na dirección do centro.

  • 4 fotos tamaño carné do alumno/a.

  • Fotocopia do boletín de vacinas do alumno/a.

  • Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.

 

 

CENTROS ADSCRITOS E DE ADSCRICIÓN

  • Adscritos: non temos.

  • De adscrición: I.E.S. De Ortigueira



ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO

Abrangue as parroquias do concello de Mañón:Grañas, Mañón, As Ribeiras do Sor, Santa Mª de Mogor ( O Barqueiro) e Bares. As áreas limítrofes serían os concellos de O Vicedo, Ourol, Muras, As Pontes e Ortigueira.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

O centro oferta de maneira complementaria os seguintes servizos:

  • Transporte escolar

  • Comedor escolar

 

O alumnado que desexe facer uso destes servizos deberá expresalo debidamente tanto na súa solicitude de admisión como na conseguinte formalización de matrícula.

Asimismo, segundo a Disposición adicional segunda da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este, ao longo domes de maio decada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

Calquera dúbida ao respecto, será aclarada na dirección do centro.

 

Distribuir contido