Novas de Interese

MATRÍCULA 2019-2020

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

O proceso de admisión do de alumnado para o curso 2019/2010 estará  aberto do 01 ao 20 de marzo do 2019.

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 12 de marzo de 2013pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 25 de xaneiro de 2017pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión en centros sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio, de educación.

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2019-2020

 

AULA

NIVEL

PRAZAS OFERTADAS

PRAZAS VACANTES

 

AULA INFANTIL

4º INFANTIL

7

7

5º INFANTIL

4

1

6º INFANTIL

9

1

 

AULA 1 PRIMARIA

1º PRIMARIA

6

3

2º PRIMARIA

6

2

3º PRIMARIA

8

1

 

AULA 2 PRIMARIA

4º PRIMARIA

6

2

5º PRIMARIA

4

2

6º PRIMARIA

10

4

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA

O prazo para presentar solicitude de admisión será durante os días 1- 20 de Marzo, ambos os dous inclusive. A solicitude será única e de carácter vinculante, presentándose no centro que se solicite praza en primeiro lugar.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Solicitude de admisión (Anexo II, procedemento ED550B) debidamente cumprimentada e asinada por ambos proxenitores. Poderase solicitar o impreso na dirección do centro ou descargar enhttps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • DNI da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar (se non permiten a consulta).

  • Documento acreditativo da idade do alumno ou alumna.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

  • Manifestación do desexo de utilizar os servizos complementarios do centro.

  • Indicar se o alumno ou alumna presenta necesidades específicas de apoio educativo.

  • Libro de familia.

 

Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo de centro.

 

A presentación de documentación acreditativa do baremo sería unicamente necesaria se houbera unha demanda de prazas superior á oferta. Faríase nos 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

 

PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS/NON ADMITIDOS

Listaxe provisionalantes do 25 de Abril. As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles, contados a partires do día seguinte á publicación desta listaxe.

Listaxe definitivaantes do 15 de Maio.



FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 20 - 30 de Xuño.

Deberase presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de matrícula (anexo III – 1)debidamente cumprimentada, a cal se poderá solicitar na dirección do centro.

  • 4 fotos tamaño carné do alumno/a.

  • Fotocopia do boletín de vacinas do alumno/a.

  • Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.

 

 

CENTROS ADSCRITOS E DE ADSCRICIÓN

  • Adscritos: non temos.

  • De adscrición: I.E.S. De Ortigueira



ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO

Abrangue as parroquias do concello de Mañón:Grañas, Mañón, As Ribeiras do Sor, Santa Mª de Mogor ( O Barqueiro) e Bares. As áreas limítrofes serían os concellos de O Vicedo, Ourol, Muras, As Pontes e Ortigueira.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

O centro oferta de maneira complementaria os seguintes servizos:

  • Transporte escolar

  • Comedor escolar

 

O alumnado que desexe facer uso destes servizos deberá expresalo debidamente tanto na súa solicitude de admisión como na conseguinte formalización de matrícula.

Asimismo, segundo a Disposición adicional segunda da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este, ao longo domes de maio decada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

Calquera dúbida ao respecto, será aclarada na dirección do centro.

Matrícula 2017 - 2018

Aspectos importantes a ter en conta no procedemento de Admisión do Alumnado:

 

a) Normativa reguladora do procedemento de Admisión :

Orde do 12 de marzo de 2013 e Decreto 254/2012 do 13 de decembro.

b) Postos Escolares ofertados polo noso Centro para o vindeiro curso 2016-2017:

Este ano e como novidade contamos cunha nova aplicación informática admisionalumnado que se empregará con carácter obrigatorio en tódolos Centros educativos. Na devandita aplicación , no menú : Solicitudes-Solicitudes de reserva- crear solicitude de reserva poden facer Vdes. a Reserva de Praza para o vindeiro Curso ou ben de forma manual ( como se fixo sempre ) presentando a Solicitude de Reserva de Praza no Centro.

Asemade, a plicación admisionalumnado calculará as vacantes asignadas para o noso Centro. De calquera xeito , saben que o LÓPEZ ESTRADA presumiblemente contará cun bo número de vacantes

c) Prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza :

- Do 1 ao 15 de febreiro de 2017

d) Prazo Informativo da presentación das solicitudes admisión :

- Presentación da solicitude de admisión : 1- 20 de marzo.

-Publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas : antes do

25 de abril.

- Publicación das listas de admitidos e non admitidos : antes do 15 de maio.

- Formalización da matrícula en Infantil e Primaria : 20-30 de xuño.

e) Garantía de permanencia do alumnado :

Unha vez admitidos un alumno/a nun centro docente , queda garantida a súa permanencia nel ata a finalización das ensinanzas ao que esté autorizado o centro.

f) Outras :

Na baremación particular de cada Centro , no noso caso terá 1 punto máis o feito de que un familiar directo fose exalumno noso.

  • A área de influencia do noso centro é o Concello de Mañón. O noso centro está adscrito ao I.E.S. De Ortigueira.

  • Os servicios complementarios do noso C.E.I.P. son Comedor Escolar e Transporte Escolar.

 

Poden Vdes. pedir as solicitudes na Secretaría do Centro. Tamén lle ofrecemos a nosa axuda en caso de dúbida ou para cubrir os impresos.

Magosto 2016

Novamente estamos xa noutro Magosto. Noutrora nas terras galegas tódolos días había magosto. Antes da conquista romana, Galicia era un gran souto e a castaña era a base da alimentación do noso pobo. Logo do descubrimento de América, a pataca foina relegando poco a pouco como guarnición e acompañante de calquera prato. 

Nós imos celebrar o noso Magosto o vindeiro 28 de outubro (venres) para horar aquela froita autóctona que tanto significou na vida dos nosos devanceiros e que aínda pervive no noso mundo rural. 

En fin, necestamos algo de leña (no bo sentido) e poucas castañas (6 ou 7 xa encetadas porque sempre sobraron). 

Esta vez, gustaríanos que as familias participasen, como xa fixeron antano, e mostrasen a súa orixinalidade e pericia traendo cabazas engalanadas e adobiadas ao xeito tradicional para expor na entrada do centro. 

E, se fose posible e non demaisado abuso, degustar os doces e postres, feitos con froitos do outono, que ano tras ana deleitan os padais de toda a Comunidade Educativa. 

Aproveitamos a ocasión para comunicarlles que o día 31 de outubro de 2016 será DÏA NON LECTIVO por ser declarado pola Consellería como DÍA DO ENSINO. 

Conseguintemente, as clases darán comezo o 2 de novembro (mércores). 

Moitas grazas e esperamos a súa presenza, logo de xantar. 

"Tras las huellas de Sonia"

Non é o título dunha novela romántica nin tampouco dunha película de acción; realmente , trátase dun ambicioso proxecto suscrito entre o noso Centro, Cuarzos Industriales e o Concello de Mañón para participar no programa e coñecido concurso VOZ NATURA.

O Concello prestará a loxística necesaria.

Cuarzos Industriales mandaranos a inestimable axuda de 2 biólogos e aportará importantes medios económicos e materiais.

O López Estrada aporta profesorado , pero sobre todo , o alumnado que será o verdadeiro protagonista do proxecto e , ao mesmo tempo , benificiarase dos numerosos traballos que desenrolará o traballo en cuestión. Tamén gastaremos os 500 euros que nos asignou Voz Natura.

O obxectivo é que o noso alumnado comprenda como unha explotación mineira como a nosa , que non deixa de ser unha forte agresión ao medio ambiente, pode rexenerarse convintemente e de xeito racional para intentar paliar os inevitables danos causados.En fin , intentará ser unha lección de " economía sostible e humanizada " , porque a minería xenera postos de traballo e mellora a economía local dos pobos que a teñen.

Neste traballo verase empiricamente como se recupera a flora e fauna do Monte Cañoles por medio de actuacións do campo con cámaras fotográficas instaladas e camufladas en lugares estratéxicas par funcionar pola noite... "esperemos que non collan furtivos ".Tamén teremos charlas e outras actividades para que os nosos rapaces disfruten e aprendan de forma amena e activa.Tódolos meses teremos unha actividade que quedará plasmada nunha Unidade Didáctica.

A importancia do evento fará que teñamos saídas locais polo entorno do Centro e do Monte Cañoles e seguro que , en varias ocasións, sexamos visitados e fotografiados pola prensa ; ademais poden saír os nosos alumnos nas páxinas Web e Blogues do noso Centro, Voz Natura e Cuarzos Industriales.

 

 

Esperamos que sexa un éxito en tódolos sentidos !

 

 

Un saúdo.

 

 

Distribuir contido