Educación Infantil

Cancións de Nadal

CANCIÓN DE NADAL DOS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL 

Rematamos o curso desfrutando da actividade física no mar

No derradeiro día lectivo do curso 2016/2017 desfrutamos dunha fermosa xonada de surf, na que poidemos desfrutar da actividade física e da propia natureza que temos na nosa contorna. 

Esperamos que todos e todas pasedes un estupendo verán!

Educación vial dende a escola

Hoxe foi un día moi entretido no López Estrada. Ca colaboración da Garda Civil, puidemos desfrutar dunha xornada de educación vial na que coñecemos unha morea de normas de seguridade e prevención. 

Ademáis puidemos subir no coche e nas motos da garda civil e poñer a soar as sirenas!

Celebramos o día Mundial da Abella

As abellas pertencen ao gran grupo dos Antófilos, dentro do cal existen aproximadamente 20.000 tipos diferentes de abellas, son da familia Apoidea e por suposto pertencen dentro da clasificación ao grupo dos Insectos. A pesar da cantidade de abellas diferentes que existen en todo o planeta, hoxe falaremos das abellas en xeral.

Estes insectos son coñecidos por ser os polinizadores mais grandes en todo o mundo e por ser esenciais para o mantemento do ecosistema, xa que aproximadamente a terceira parte de todos os alimentos de home son polinizados, principalmente por abellas.

O corpo destes insectos é velludo, tendo un pelo plumoso sobre o que se pega o pole das flores sobre as que se pousa, ao mesmo tempo ten sobre a súa pequena cabeza dúas antenitas que lle serven ao olfacto, para así poder localizar as súas flores.

Caracterízanse por ter ás ben delgadas e transparentes, que nalgúns casos, de determinadas especies de abellas é permite realizar un voo de ata 13 quilómetros.

O característico e principal das abellas é a súa capacidade de socialización e de vivir en colonias complexas e rigorosamente organizadas, onde sempre hai unha soa abella reina, abellas obreiras e zánganos.

As abellas aliméntanse basicamente de Pole e Nectar, sustancias ambas que se atopan nas flores, utilizan as primeiras para alimentar ás larvas, e as segundas para xerar enerxías.

Segundo o tipo de abella pode ser que consuman pole só e determinadas flores, estas abellas son mais especializadas, en cambio outras, son xerais e consomen de calquera tipo de flor. O que é común é que consuman dunha determinada flor por un tempo, e logo pasen á seguinte.

O venres puidemos desfrutar dun recurso audiovisual e charla na que coñecemos o traballo que desenvolven as abellas e a importante labor que levan a cabo na natureza. 

Ademáis de isto, elaboramos unhas trampas para a vespa velutina. Esperamos que vos guste o noso mural do patio, quedou moi bonito!

Voz Natura 2016/2017 no López Estrada

No día de hoxe queremos compartir un vídeo que elaboramos con todas as tarefas que fixemos ao longo deste curso académico grazas ao proxecto Voz Natura.

Sen dúbida foi un proxecto moi enriquecedor. Xuntos puidemos coñecer a mina Sonia en profundidade e descubrir polo miúdo a flora e fauna que rodea a nosa contorna. 

Esperamos que vos guste!

 

Deixando pegada

No día de hoxe, tivemos a visita dos nosos compañeiros de Voz Natura. Grazas a eles puidemos desfrutar dunha bonita charla sobre a biodiversidade e as diferentes especies presentes preto do noso centro educativo e da contorna. 

Logo, estivemos a ver as diferentes pegadas dos animais presentes na Mina Sonia así como os diferentes tipos de insectos que abondan no lugar. 

Posteriormente puidemos presenciar un interesante taller, para confeccionar de forma personalizada a pegada dun dos animais tratados con anterioridade. 

¡Foi moi entretido!

Entroido no López Estrada

O Entroido é unha das festividades máis bonitas do ano. Unha festa na que os costumes se relaxan, os roles invístense e un pode rirse de todo.

O entroido galego é ademais unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. E hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades perdéronse e outros estean en proceso de recuperación.

Nos dende o CEIP Francisco López Estrada, estivemos a celebrar esta fermosa festividade galega con moita ledicia. 

¡Esperamos que vos guste!

 

Distribuir contido