Educación Primaria

Gañadores do mellor vídeo de VozNatura

 

Aquí podemos ver o vídeo gañador deste ano, na festa Voz Natura celebrada en Culleredo.

Na imaxe inferior podemos ver as alumnas Sara e Alba recollendo o premiro xunto ao mestre Pablo Sánchez por o debadito concurso audiovisual. 

Cancións de Nadal

 

CANCIÓN DE NADAL DOS ALUMNOS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

CANCIÓN DE NADAL DOS ALUMNOS DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

XXIX Feira do Mel de Ortigueira 2017

O sábado 11 e 12 de novembro. Celebrarase a XXIX Feira do mel en Ortigueira 2017.  

O domingo poderase desfrutan de xogos, obradoiros, sorteos e moito máis...

 

Samín no CEIP Francisco López Estrada

Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de trinta anos. Ademais, tamén se comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, en torno á zona na que se atopan as aldeas de lingua galega e en zonas de Zamora e León próximas a Galicia e onde a lingua e as tradicións galegas están moi arraigadas. Ademais, este estudante analizou a relación da costume das cabazas co culto á morte e unha semellanza coas tradicións irmás das illas británicas. Hasta chegou a detectar peculiaridades como a de Quiroga (Lugo), onde a cabaza tallada secase e conservase para usala como máscara no Entroido. O seu traballo sobre esta tradición, recollido no libro "Caliveras de melón" e noutra de posteriores aparición, comezou a chamar a atención dos antropólogos. 

Hoxe en día celebrase con gran arraigo o Samhain ou Samaín (adaptación ao gallego da palabra gaélica) en algunhas das cidades e pobos de Galicia. 

Dende o CEIP Francisco López Estrada compartimos con todos vos, as fermosas cabazas que fixeron para esta exposición tan outonal.

 

Coñecemos os muíños de auga

Os muíños de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas do muíño. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente caneiro, sendo xunto cos caneiros de pesca elementos característicos da paisaxe dos ríos galegos.

Dende o centro educativo coñecemos o funcionamento dos muíños e das distintas partes que o conforman. Acercándonos de preto ás beiras do río Sor. Visitamos posteriormente o muíño de Arganzo para poder presenciar in situ cómo funcionan na realidade. 

 

Volta ao colexio

Comezamos un novo curso escolar no CEIP Francisco López Estrada. Este espazo web seguirá a funcionar de forma activa e periódica. Compartindo con todos vos todas as experiencias e novidades educativas.

 

Compartimos a continuación o calendario escolar deste vindeiro curso académico. 

 

Distribuir contido