Caxoto e os seus contos.

Onte, día 18 de decembro, contamos coa presenza do contacontos Caxoto, que xa é todo un clásico no noso colexio. Nesta ocasión amenizounos cun conto cheo de personaxes coñecidos; "Carapuchiña Vermella", os "Tres Porquiños", "Os Sete Cabritiños", o "Lobo Feroz".... un conto de medo que daba moita risa e que sobre todo sorprendeunos cun final do máis inesperado. Pero os contos, ademais de resultar entretidos, tamén son moi formativos, e Caxoto falounos dun tema moi importante como é a violencia de xénero e o papel da muller nos contos tradicionais. Para terminar a actividade Caxoto organizou un rap no que involucrou a todo o alumnado. Esta vez o importante non eran as rimas, senón o contido da canción e a defensa da igualdade en todos os ámbitos, tanto dentro como fóra dos contos. Desde aquí queremos agradecer a visita do noso amigo contacontos e esperamos velo de novo moi pronto.