Celebramos o día da infancia - 20 de novembro

O pasado xoves 20 de novembro celebramos o día da infancia no CEIP Francisco López Estrada. Todo o alumnado reuniuse na biblioteca para facer unha posta en común sobre os dereitos das nenas e dos nenos. 

 

Por parellas foron presentando os distintos dereitos, acompañando cada un dunha ilustración, un texto e un exemplo.

As compañeiras e compañeiros estiveron moi atentos á lectura dos dereitos que previamente foron traballados e comentados na clase, concienciándose da necesidade de respectalos e mantelos.

Unha aperta foi a mellor maneira de rematar a lectura dos dereitos, símbolo de entendemento e concordia entre todas e todos.