Inauguración da biblioteca no curso escolar 2019/20

O pasado 24, coincidindo co Día Internacional da Biblioteca, celebramos a súa inauguración no CEIP Francisco López Estrada. Tivemos un invitado moi especial, o Sr. Raqueto, encargado de cortar a cinta inaugural e de amenizar a actividade.

Todas as nenas e nenos estiveron moi atentos ás indicacións de uso da biblioteca. Explicóuselles cales son as diferentes seccións, os códigos de cores, o uso dos marcadores e como realizar correctamente os préstamos. 

Ademais das explicacións, proxectóuselles un vídeo no que Chip nos falou do Día Internacional da Biblioteca.  

Ademais Chip presentouse e falounos de todos os proxectos que nos vai a propor este ano. Esperemos velo con frecuencia e que nos manteña informados de todas as actividades que se leven a cabo dende a biblioteca e dende o horto.