O porto de Bares é un pobo mariñeiro desde o que se chega ata o mesmo faro, construído fai cento sesenta anos, que se levanta a máis de cen metros sobre o nivel do mar.
A localización do porto máis setentrional da Península Ibérica é fundamental para a súa condición de abrigo fronte aos temporais atlánticos dominantes na zona.
Desde o Coído, que ten un enorme dique construído para protexer o porto case tres veces milenario, pode contemplarse unha das praias máis fermosas de Galicia, aberta entre as puntas do mesmo nome e a de Almeiro: a Concha de Bares.
Sexa cal fora a súa orixe, este pobo mariñeiro ten unha preciosa praia, un núcleo urbano que parece de xoguete e unhas postas de sol que merece a pena achegarse a ver.
E agora a investigar...