CONCURSO: "A natureza que nos rodea" Praia de Esteiro - Mañón

     A praia de Esteiro atópase na desembocadura do río Esteiro, que deixa á súa esquerda a parroquia de Loiba (Ortigueira) e á súa dereita a parroquia de Mogor (Mañón), nun entorno natural rural con sucesión de espazos de dunas e cun piñeiral.

Vista aérea de Esteiro

Ten unha zona aberta ao mar, ventosa e con fortes ondas, e outra zona na desembocadura do río Esteiro, de augas tranquilas, ideal para os nenos/as.

     Unha praia que ademais alberga unhas condicións ideais para practicar moitos deportes, como por exemplo o surf. Sobre todo na tempada de primavera-verán, cando predominan os famosos ventos do nordés que traen con eles bo tempo e ondas perfectas.

Surf en Esteiro

 

Neste lugar pérdese un ante tanta beleza. A praia de Esteiro, cun quilómetro de lonxitude, queda entre Punta Vilardeira e Punta Herbosa.

     Vir ata aquí e respirar profundamente fai que o aire chegue ata o fondo dos pulmóns, un aire limpo e con cheiro á gran variedade de piñeiros dos máis diversos tamaños, árbores e arbustos que foron plantados polas ladeiras rochosas que rodean esta espléndida praia.

     A praia e o estuario de Esteiro están incluídos dentro de Rede Natura 2000 como Zona de Especial Conservación (ZEC) baixo a denominación de “Estaca de Bares”

Zona recreativa Esteiro

E agora as preguntas.

1ª pregunta Esteiro

2ª pregunta Esteiro