Gustanos o movemento

 A coordinación e o equilibrio son capacidades que definirán a acción, ata o punto de que unha deficiencia ou anomalía no desenvolvemento de calquera delas, limitará ou mesmo impedirá unha execución eficaz. Por iso, é necesario o traballo destas capacidades nos primeiros anos da Educación Primaria, xa que a mellora funcional do dominio corporal supoñerá a adquisición de múltiples condutas motrices de carácter utilitario, lúdico ou expresivo, que serán fundamentais para o desenvolvemento integral dos nosos alumnos/as.

Durante os pasados días, estivemos a facer tarefas lúdicas de coordinación, moi divertidas. Desfrutamos moito en movemento!